Sociedade Cultural Columba

buscar na web

Área de socios

Nome 
Chave 
Novidades
Charla en el Ateneo de Ferrol sobre Columba 03/05/2013

El viernes día 3/05/2013 a las 20.00 H, José López Hermida, presidente de la Sociedad Cultural Columba, dará una charla en el Ateneo de Ferrol sobre nuestra asociación

Leer máis...
Presentación Revista Columba Nº 13 19/04/2013

O venres día 19 de abril, as 20:00 terá lugar na Biblioteca Columba a presentación da revista Columba Nº 13, coa presencia do Concelleiro de Cultura Manuel Reyes García Hurtado.

 

Leer máis...
Conto ... con churros
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 06/04/2013

Sábado 6 de abril, ás 18:00, na Biblioteca Columba de Covas, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e para o que contamos coa colaboración do escritor ferrolá Antón Cortizas Amado.


Antón é un dos grandes e dos máis premiados autores galegos de Literatura Infantil e Xuvenil. Gañou o Premio O Barco de Vapor en tres ocasións, no ano 1988 con “Memorias dun río”, no 1991 con “O conto dos sete medos” e no 1995 con “Os gritos das illas Lobeiras” . Tamén gañou o Premio Merlín en 2001 por “ A merla de trapo” . E é profeta na súa terra pois seu primeiro galardón foi o premio Curuxa de Humor do Museo de Fene co relato "A medio muller".


Naceu en Ferrol en 1954, é mestre no IES de Canido. A biblioteca do centro Isaac Peral leva o seu nome.


Agora, Antón Cortizas Amado está a piques de publicar un enorme traballo que recolle outra das súas paixóns: os enredos tradicionais sobre os que xa publicou un libro. Este terá máis de mil páxinas é o froito de anos de investigación. Leva por título Tastarabás (Xerais).

 

Vide e disfrutade da experiencia e o bo saber de Antón


O remate invitarémosvos a chocolate con churros

 

Ler mais sobre Antón:
      Wikipedia
      Biblioteca Virtual Galega
      Darabuc.com
      Facebook

 

Descargar cartel

 

Leer máis...
Plan Director da paisaxe Prior- Ponzos – Santa Comba Este plan realizouse polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) ó abeiro do convenio para a impartición de actividades de formación. Asinado entre a Universidade da Coruña e o Laboratorio de Patrimonio (IEGPS- CSIC) a iniciativa da Sociedade Cultural Columba de Cobas.
© 2008-2013 Sociedade Cultural Columba
@webmaster