Sociedade Cultural Columba. Ferrol, Covas

Novidades

Exposición no IES Saturnino Montojo sobre ás escavacións arqueolóxicas en Santa Comba e a recuperación do seu entorno

12/04/2011
O día 12/04/2011, o IES Saturnino Montojo organizou unha exposición sobre o patrimonio da comarca de Ferrol, e máis concretamente da parroquia de Cobas, tivemos ocasión de escoitar unha amena charla que impartiu D. Xosé López Hermida, presidente da Asociación Cultural Columba, de Cobas, que amablemente cedeu a exposición temporal sobre os traballos de excavación e conservación do patrimonio desta parroquia.
D. Xosé López explicou a importancia do noso patrimonio, tanto o material como o inmaterial e o traballo fundamental que desenvolve na sociedade, asociacións como Columba para conservar a memoria do pasado, divulgar o patrimonio e contribuír  a súa conservación.
Os alumnos de 1º da ESO amosaron unha enorme curiosidade pola labor desenvolta pola Asociación Cultural Columba

Preme na ligazón para ver as imaxes da exposición que se amosaron no centro.

Ler máis...

Exposición no IES Concepción Arenal sobre ás escavacións arqueolóxicas en Santa Comba e a recuperación do seu entorno

01/06/2011

O Equipo de Dinamización da Biblioteca e Departamento de Historia do IES Concepción Arenal organizan unha exposición cedida pola Sociedade Cultural Columba sobre o xacemento arqueolóxico de Santa Comba.


Entre os días 01/06/2011 e 23/06/2011 os alumnos do instituto poderán visitar na biblioteca do centro a exposición, que consta dunha serie de paneis onde se poden ver os achados e unha breve explicación dos mesmos. Tamén poderemos seguir a evolución da restauración da ermida situada na Illa do Medio, que se ven levando a cabo dende 1998.


O venres 17 as 10:30 h., o presidente da Sociedade Cultural Columba, José López Hermida impartirá unha charla os alumnos de 1º de ESO

Ler máis...

Conto con ... churros

10/12/2011

Sábado 10 de decembro, as 18:00, a Sociedade Cultural Columba organiza unha actividade de animación á lectura na Biblioteca Columba
Unha actividade dedicada o público infantil na que Flor comentará como sempre un libro.

 

 

O remate convidámoste a unha cunca de chocolate.

Ler máis...

Exposición dos traballos das distintas asociación do Concello de Ferrol

17/12/2011

Columba participa na exposición organizada polo Concello de Ferrol para mostrar os diferentes traballos feitos polas distintas asociacións do concello


Columba participou cunha mostra duns paneis  sobre ás escavacións arqueolóxicas en Santa Comba e unhas fotografías pertencentes a última das súas exposicións titulada Veciños


A exposición se pode visitar o Sábado 17 de decembro de 2011 no local do Carbalho Calero, situado na praza do Inferniño

 

Ler máis...

Conto con ... churros

31/03/2012

Sábado 31 de marzo, as 18:00, a Sociedade Cultural Columba organiza unha actividade de animación á lectura na Biblioteca Columba

 

Unha actividade dedicada o público infantil na que Flor comentará o libro "El gran libro verde", de Robert Graves, con ilustracións de Maurice Sendak.  Edita Lumen.


A historia trata sobre Jack, un neno huerfano hastiado de vivir cos seus peculiares tíos afeccionados a dar longos paseos aburrenenos polos prados, ao que un bo día a deusa fortuna vénlle a visitar, encontra no faiado un libro verde cheo de trucos de maxia. A partir dese momento... truco vai truco ven, os tíos de Jack portaranse un pouquiño mellor con el

 

O remate convidamos a un chocolate con churros

 

Descargar cartel

 

Ler máis...