Novidades

Conto ... con churros
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

06/04/2013

Sábado 6 de abril, ás 18:00, na Biblioteca Columba de Covas, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e para o que contamos coa colaboración do escritor ferrolá Antón Cortizas Amado.


Antón é un dos grandes e dos máis premiados autores galegos de Literatura Infantil e Xuvenil. Gañou o Premio O Barco de Vapor en tres ocasións, no ano 1988 con “Memorias dun río”, no 1991 con “O conto dos sete medos” e no 1995 con “Os gritos das illas Lobeiras” . Tamén gañou o Premio Merlín en 2001 por “ A merla de trapo” . E é profeta na súa terra pois seu primeiro galardón foi o premio Curuxa de Humor do Museo de Fene co relato "A medio muller".


Naceu en Ferrol en 1954, é mestre no IES de Canido. A biblioteca do centro Isaac Peral leva o seu nome.


Agora, Antón Cortizas Amado está a piques de publicar un enorme traballo que recolle outra das súas paixóns: os enredos tradicionais sobre os que xa publicou un libro. Este terá máis de mil páxinas é o froito de anos de investigación. Leva por título Tastarabás (Xerais).

 

Vide e disfrutade da experiencia e o bo saber de Antón


O remate invitarémosvos a chocolate con churros

 

Ler mais sobre Antón:
      Wikipedia
      Biblioteca Virtual Galega
      Darabuc.com
      Facebook

 

Descargar cartel

 

Ler máis...

Asamblea xeral ordinaria

30/03/2013
A Sociedade Cultural Columba convoca a asamblea xeral ordinaria, que se celebrará o próximo 30 de marzo ás 19 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda, no local da Biblioteca Columba,sita no recinto da Cooperativa de  Covas, Esmelle e Marmancón, na planta baixa.
A orden do día será a seguinte:
    1.Lectura e aprobación da acta da asamblea anterior
    2.Lectura da memoria do ano 2012
    3.Estado de contas
    4.Preguntas
 
Ler máis...

Conto ... con churros

17/11/2012

Sábado 17 de novembro, as 18:00, a Sociedade Cultural Columba organiza unha actividade de animación á lectura na Biblioteca Columba

Unha actividade dedicada o público infantil na que Flor comentará o libro "El vuelo de Inés"

Serie Dragón Rojo. Autora María de la Luz Uribe e ilustrado polo seu marido,  Fernando Krahn; ambolos dous chilenos. Editorial Argos Vergara 1984

 

Un conto para nenos sobre Inés, que quere voar

 

Invitámoste a disfrutar desta experiencia cos comentarios de Flor, ao mesmo tempo que descubrirás un fantástico libro.

 

O remate convidámoste a unha cunca de chocolate con churros.

 

Descargar cartel

 

Ler máis...

Actuación da rondalla Sonidos del Alba

10/11/2012
 

A Sociedade Cultural Columba colabora coa AVV Santa Comba na organización das actividades enmarcadas nas festas patronais de San Martiño, coa actuación da rondalla “Sonidos del Alba” o día 10 de novembro de 2012 ás 19:00 h.

 

O programa completo contempla actividades durante o mes de outubro

 

Día 3 ás 19:00 h. Teatro coa actuación do grupo Max Teatro que representará a obra “Vaia Tropa”

 

Día 10 Festas de San Martiño

  • 17:00 h. Títeres coa actuación do Grupo Socializarte que representará “Barbadela e Bambolina”
  • 19:00 h. Actuación da rondalla Sonidos del Alba
  • 22:00 h. Música folk a cargo do grupo Alén de Ancos
  •  

    Día 24 ás 20:00 h. Música folk a cargo do grupo Terra Meiga

     

    Ler máis...