Sociedade Cultural Columba. Ferrol, Covas

Novidades

Benvidos á nova web de Columba

01/08/2007
Benvidos á páxina oficial da Sociedade Cultural Columba. Aquí atoparás información sobre Cobas e bisbarra asi como das actividades que levamos a cabo. Opina sobre a nova web.

A través do noso sitio en internet queremos ofrece-la información actualizada de todo o que vai acontecendo ó redor da nosa sociedade. Pouco a pouco iremos engadindo novas seccións.

Calquera colaboración será bienvenida: aportacións documentais, fotografías, novidades, ... poñemos á vosa disposición a nosa dirección de correo para calquera cousa que pensades poida ser de interés. Ler máis...

Taller de teatro Columba

05/09/2007
O día 05/09/2007 comezamos de novo os nosos talleres de teatro infantil e de adultos. Os interesados en participar podense apuntar chamando ao telefono 669 202396 ou mandando un correo electrónico a dirección correo@sociedadecolumba.com.

O obradoiro está completamente financiado pola Sociedade Cultural Columba Ler máis...

Presentación da revista Columba Nº 8

12/04/2008
O sábado día 12 de abril as 19:30 terá lugar na Cooperativa de Covas, Esmelle e Marmancón a presentación da revista Columba Nº8, coa presencia da Concelleira de Cultura Yolanda Díaz. Ler máis...

Os Tesouros de Santa Comba. Exposición das escavacións arqueolóxicas realizadas na Illa de Santa Comba (Covas)

21/04/2008
Día 21 de Abril

Apertura da esposición a cargo de D. José López Alonso (Arqueólogo e director das escavacións de ano 2006).
Lugar: Sala de Grados da Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol (Esteiro).

Día 21 a 25 de Abril

A esposición permanecerá aberta ao público de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
Lugar: Sala de Grados da Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol (Esteiro).

Día 25 de Abril

19:00 h. Mesa redonda sobre Historia Antiga e Lendas.
Clausura da esposición.
Lugar: Sala de Grados da Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol (Esteiro).

O xacemento

A praia e Illa de Santa Comba pertence a parroquia de San Martiñó de Covas, que está ubicada na parte septentrional do Concello de Ferrol.

O xacemento de Santa Comba atópase situado sobre o espazo desunido dunha antiga península que dividía as praias de Santa Comba e Ponzos. Espazo dividido pola acción erosiva do mar e onde se distinguen tres pequenas illas.

Santa Comba se cataloga como xacemento arqueolóxico no ano 1995, asignandolle unha adcripción cultural de xacemento castrexo e medieval.

Os achados

Restos de osos de animais, cunchas, espiñas de peixe, cerámica e osos humáns.

E de destacar o achado do primeiro forno para a obtenciónde ferro de Galicia.

A restauración

Outra das actuacións, que se ven realizando na illa dende 1998, é a restauración da capela de Santa Comba.

 

 

Descargar cartel

Descargar díptico

Ver Paneis exposición

 

 

Ler máis...

O Grupo de Teatro Columba estrea “Os vellos non deben namorarse”

17/05/2008
O grupo de teatro Columba estrea o vindeiro día 17 de maio ás 20:00 h. no local social da A.VV de Covas a obra “Os vellos non deben namorarse”. Obra orixinal de Alfonso R. Castelao e dirixida por Helga Méndez.

"Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, quen logrou plasmar nela un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literaria dramática galega, a popularidade desta fermosa peza non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941" Ler máis...