Editorial. Revista nº 2

01/08/2000, Sociedade Cultural Columba

A modernización dunha aldea como Cobas non ten por que ir parella co olvido ou o abandono do que xa existe dende antigo; máis ben ó contrario, esta modernización pasa por respetar e coidar o patrimonio existente, e introducilo nesa imaxe distorsionada que aínda temos da aldea de Cobas para poder vela no seu conxunto e decatarnos das moitas cousas que esta aldea tenta ofrecer, tanto ó visitante coma ó nativo.

A prioridade da Sociedade é a recuperación do patrimonio da parroquia. O primeiro obxetivo a longo prazo que plantexou a sociedade foi a da restauración da ermida de Santa Comba e a recuperación do seu entorno.

No ano 1997 comenzaron as primeiras xestións para poñer en marcha o proxecto acadando a aprobación e colaboración do Obispado de Mondoñedo-Ferrol que foi o encargado de elaborar os planos e sinalar as directrices da obra - , e a autorización da Dirección de Costas.
 
A primeira actuación tiña coma obxetivo sustituir a coberta de uralita da ermida por outra de lousa, deixando para unha segunda fase a restauración das paredes exteriores, das fiestras e da porta. A situación da ermida de Santa Comba é un factor que limita é encarece moito a obra de restauración, xa que ó estar nunha illa e carecer de auga e de electricidade houbo e haberá que levar a pe de obra todo o material á man.

No mes de setembro de 1998 comenzou a primeira fase do traballo e, exceptuando a madeira de castaño e roble empregada na obra, que sufragou o Obispado de Mondoñedo-Ferrol,Columba encargouse dos demaís gastos así como de buscar e coordina-la colaboración de particulares e empresas. A inversión que ata o momento se fixo nesta obra de restauración ascende a 1.150.000 pesetas (9015 Euros), das que 653.000 foron destinadas á obra de carpintería e 497.000 á de albanelería.

Para comenza-los traballos contabamos cun carpinteiro especializado neste tipo de obras, David, e sempre con dous ou maís veciños que, gratuitamente, axudaban ó carpinteiro no seu labor. Tamén contamos coa axuda gratuita de persoas que veciños ou non, se achegaron cada día durante o mes de setembro para trasladar o material a pe de obra. Tamén os bonbeiros achegáronse unha noite para encher de auga os bidóns que precisabamos, e tamen pola noite, se tivo que facer o traslado do ferro para fundir os zunchos ó día seguinte.

Un útil de traballo imprescindible nesta obra foi a táboa de mareas. Había que levala no bolso para calcular as horas de traballo que as mareas limitaban a un máximo de 6 en condicións optimas.
Ás veces aproveitábanse dúas mareas, o que obrigaba a comer na illa ademais de contar coa incomunicación por terra durante alguhas horas.

Nesta primeira actuación non se acadou o obxetivo inicial senón que tivemos que contentarnos con rematar unha parte da cuberta, a máis custosa, e subir a pe de obra o material para remata-la en posteriores actuacións.

Na actualidade a obra da ermida de Santa Comba é competencia da Deputación Provincial da Coruña, xa que en novembro do ano 1998 a xunta directeva da sociedade solicitou ó Conello de Ferrol que fixese as xestións pertinentes para que fose incluida esta restauración no Plan 2000 de recuperación de arquitectura popular. A Deputación aprobou unha subvención de 4.000.000 de pesetas (24.040 Euros) dos que só 2.800.000 estarán destinadas a obra.

Agora, a Sociedade Cultural Columba está a facer as xestións necesarias para recuperar o entorno da ermida de Santa Coba, incluindo unha primeira actuación arqueolóxica de urxencia, na que é participe o Concello de Ferrol.

Para todos nos, os que dunha maneira ou outra fixemos noso este proxecto de rehabilitación, aexperiencia resultou dobremente constructiva; a colaboración dos distintos sectores da poboación foi moi gratificante e, dende logo, descubrimos moita ilusión e moitas ganas de sacar adiante este proxecto. Pero cada día que pasa a ermida está en peores condecións, e é urxente unha actuación nas súas paredes se non queremos que calquera mañá amaneza totalmente derrubada.

Confiemos no saber facer da Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol, e por suposto, na súa rapidez de actuación.
<< Volver