Medicina e sabiduría popular tradicional na antiga terra de Serantes (I)

08/04/2017, Xabier Monteiro Graña

​​

A medicina popular tradicional está recoñecida pola oms (organización mundialda saúde) que a ten definida como "a suma total de prácticas, coñecementose habilidades basadas nas crenzas, teorías e experiencias indíxenas das diferentesculturas, destinadas ao mantenemento da saúde, prevención, diagnóstico, mellora e tratamento das enfermidades físicas e mentais". E coñecidatamén por "etnomedicina" e dicir a medicina tradicional dos pobos.

O homínido "sapiens" leva acumulando nesta pequena esfera planetaria coñecementos desde polo menos os últimos 165.000 anos no que xa se consideraque ten un comportamento moderno; observando e interferindo na naturezao que propiciou a súa supervivencia no tempo. Neste mesmo contexto o legadoda humanidade é a trasmisión de coñecementos: crenzas, narracións dosmitos, sabiduría, lendas, contos, etc. que toda a humanidade compartimos. Haique escoitar a sabiduría dos nosos maiores e sempre aprender.

Tradicionalmente aquí usamos os produtos naturais locais da nosa zona,unto, sebo, aceite, vinagre, limón, mel, e herbas: manzanilla, correola(chantá=llantén), mexacán (dente de león), parietaria, verzas, ruda, nébeda,menta, reina Luísa, melisa, xarxa, caléndula, nogueira, laranxeira, loureiro,viouteiro, sanguiño, carballo, acevo, freixo, castiñeiro, eucalipto, etc.

Antes se axudaba a curación coa alimentación se tomaba: caldo de galiña,caldo limpo, de verzas, ou melón, papas de maínzo, ou trigo, papas pejas, tortasde sartén, purrusaldas, viño tinto, viño doce, caña, coñac, anís, etc. Actualmenteestanse usando outros produtos novos importados que antes non estabandispoñibles; chía, quinoa, tapioca, cúrcuma, xenxibre, aloe vera, boniato (batata),iuca, ñame, amaranto, papaia, aguacate, kiwi, mango, pitaia, linchí, etc., emoitos produtos de herboristería que hoxe se atopan doadamente no mercado

Como dato curioso mencionar a utilización que desde tempos inmemoriaisfai a tradición de tódolos pobos da: saliva, mexos, leite de muller, fluxo menstrual,bosta, merda de galiña, de pomba, cagarrutas de ovella, excrementos,babas, partes do corpo, de diversos animais, etc, que aínda actualmente seguenutilizando moitos pobos (África, oriente asiático) que viven máis en contactocoa natureza.

Tódalas familias coñecen moitos remedios medicinais que foron transmitidosdos seus maiores, familiares ou veciños desde antigo para axudar na mellorae curación das doenzas que nos achacan. A maioría dos meus comunicadoresson do que agora se chama "zona rural" son persoas maiores naturais daTerra de serantes antigo Concello na Extrema peninsular que bica o Atlántico.

Como é sabido algúns remedios caseiros seguen vixentes pero se acude aocentro médico. Hoxe xa non se recorre aos menciñeiros, curandeiros, compostores,saudadores, sabias entendidas, etc. nin aos rituais máxico–relixiosos,dado o gran avance da medicina científica e farmacéutica que fixo que enfermidadesque antes eran graves ou difíles de curar deixaran de selo.

En ningún caso pense o lector que estes remedios da medicina popular sonos que o autor aconsella nin moito menos; moitos deles son "contraproducentes"sempre se deberá "ir o médico" xa que a medicina científica supera enmoito a medicina popular tradicional é moito máis sabia e eficaz. Debemos derecoller a nosa tradición polo menos para que as futuras xeracións a coñezan.

Así trato aquí de deixar constancia escrita dunha pequena mostra do moito quehoubo antigamente neste caso en medicina e sabedoría popular, porque esto eparte moi importante do noso patrimonio cultural inmaterial i espiritual e dicirda nosa etnografía.

Fig. 1. Medicina tradicional popular
Fig. 1. Medicina tradicional popular

Medicina popular tradicional. tradición oral

O Menciñeiro

Rebollar era menciñeiro sanaba as persoas, víñache a casa e facíache "bendicións",e che daba algunha medicina que che facía con herbas, como a espalia–paira, allo macho sen dentes, e outras. As herbas se cocían e se colaba, e olíquido dábancho a beber, e sempre durante nove días seguidos, eses 9 díaseran sagrados.

Había un menciñeiro en Esmelle, o tío Eusebio que a xente o chamabacando o veterinario despois de ver o animal che dicía que non había nada quefacer. E o mellor él aplicando os seus remedios a curaba. (Trad. oral, veciños deCovas) (*1)

os menciñeiros tiveron antigamente moito prestixio e sona, seus coñecementosxeralmente eran herdados; na nosa zona houbo como en todas algúnscoñecidos compostores ou entendidos/as. Houbo moitos de renome en Galicia.

 

A Paletilla caida

Para levantar a Paletilla se pon o paciente tombado no chan boca arriba seestiran os brazos hacia adiante xuntando as palmas das mans para ver si coinciden as puntas dos dedos, logo faixe o mesmo pero estirando os brazos por ribada cabeza, unha vez comprobado que as puntas dos dedos non coinciden,está claro que ten a Paletilla caída, e hai que levantala. Se pon o paciente depe éo menciñeiro ponse na súa espalda agarrándolle as monecas e dálle un ouvarios tiróns fortes hacía arriba ata que unha vez comprobado que as puntasdos dedos están idénticas xa queda a Paletilla levantada éo enfermo curado.Outro modo igual ao anterior pero sentado nunha silla éo mesmo estirarlle osbrazos. Unha terceira maneira moi usada situarse pola espalda suxetando porbaixo dos ombros (axilas) apoiar a espalda no peito do menciñeiro e este dartiróns fortes hacia atrás; ou facer o mesmo pero espalda con espalda. (Trad. popularo vin facer varias veces)

Antes se oía falar de alguén que tiña a "paletilla caída," cando unha persoanon sabe moi ben o que ten, está desganada, debilitada, abatida, desnutrida,anémica, tristona, ou se queixa de dor de espalda, estómago ou outros. Paletilla,oso imaxinativo que está entre os ombros e que ten a propiedade de que sepode desprazar/mover. Este mal tan coñecido ten moitos nomes diferentes enGalicia e variadas maneiras de curalo.

 

A Dicipela

Cando eu era cativa sacáronme a Dicipela que eran unhas manchas que mesaíran pola cara. Había a Dicipela branca e a Dicipela negra. Chamaban aunha persoa entendida que viña a sacarche a enfermedá, a min sacáronma depequena. Se poñían 9 follas de viouteiro e botábanlle a bendición con augabendita 9 veces e máis se poñía a vela de xoves santo ou da Candelaria, que segardaban na casa e que se usaban para a curación destes males. A decipela euna enfermidade da pel, e ter unha irritación na pel.

Cos froitos do viouteiro (as boliñas) se facía un viño que con el se lavabanas queimaduras, era bo para as queimaduras. Coas follas se bendicía a “dicipela”esto tiña que facerse unha noite que había luar (lúa chea). Se recitabaunha oración nove veces cada día e durante nove días seguidos e para rematarse rezaban nove padrenuestros e nove avemarías. “Mate dicipela amarilla,(...non se recorda.) (Trad. oral, veciños de Covas) (*1).

Unha nena de Valón tiña unha eccema na cara e os remedios dos médicosnon a curaban así que a familia recorreu a buscar a unha muller "entendida"que sabía cortar e bendicir a erisipela. A señora veu a media mañá e pideu ocoitelo de cortar o pan, e que se puxera o bolo de pan sobre a mesa –todos en silencio non se podía falar– santiguaronse todos os presentes, a sabia co coiteloempezou a facer o sinal da cruz recitando este ensalmo:

Mato sapos e culebras. / Non polo meu poder

senón de Deus e da Virxe María. / Un Padrenuestro e un Ave María,

A vez que oraba ía facendo cruces co coitelo e o final botou unhas areas de sal.

Pero este remedio tampouco fixo efecto e foron a buscar un menciñeiro deFerrol que tiña moita sona de curandeiro non recordo o nome. O caso é quetrouxo unha pomada feita por él que máis ben era un potingue raro moi espesoe de cor do barro amarelo, e que lle viña a botar unhos días e ao poucotempo case milagrosamente a nena curou a pel. (Trad.oral familiar.– Fina eRamón.Valón 1973)

Hoxe esta enfermidade e ben coñecida e diagnosticada: "dermatite atópica"pero antigamente tivo infinidade de nomes, mal de "nome de moitos animais"e outros.

Decipela, se coñece con este nome varias enfermidades da pel: irritación, eccemas,rosas, ulceras, etc. Ten outros moitos nomes: erisipela decipela, disipela,erisipela, orsipela, sipela, risipela, etc. Viouteiro: (bieiteiro ou sabugueiro- saúco)

 

O Tangaraña. As Ataduras. Raquitismo 

En Covas cando un neno estaba enfermo (raquitismo). había que levalo a curara un cruceiro, se saía de casa co neno é había que ir en silencio sen falar nadaen todo o camiño ata chegar alí; ían dúas comadres (a nai ea madriña), e tiñanque pasa_lo pequeno en brazos dunha a outra e dicir a vez unhas palabras (ensalmo).Esto se facía na Cruz das Medorras. (Trad. oral. veciñas de Covas) (*1)

Cando un neno ou nena nacía e se vía que era raquítico, o levaban polamañá cedo a unha encrucillada no Pereiro (Cruce no alto de Valón) e llespoñían unhas ligaduras, lles amarraban as pernas cun cordel, que logo llestiña que cortar a primeira persoa que por alí pasaba e levaban tamén o coitelo.Alí esperaban o tempo que fixera falta ata que pasara alguén e a primeirapersoa que pasaba lle daban o coitelo para que as cortaran. Así cortaban omal e pensaban que se criarían máis fortes e que botaban a fame fora. O nenoestaba entangarañado. (Trad.oral familiar.– Fina,Valón 1973)

A filla dunha veciña de Covas tiña unha enfermidade, a rapaza non falaba ea súa familia decidiu levala a curar a Santa Eufemia. Fomos desde Covas ataFerrol a pe, e desde Ferrol collemos o tren para a Coruña e despois desde alíhabía un coche que te levaba a Santa Eufemia. E volvemos en lancha por mar,había que volver por mar para deixar o mal aló. Pero a neniña non curou.

Os veciños antigos din que había espíritos e que metíanse dentro do corpo.E que falaban desde dentro. (Trad., oral, veciños de Covas) (*1)Nota: Para deixar o mal fora hai que volver por un camiño distinto do de ida.posuídos, endemoniados ou chorín.– Nomes co que designan aos que dinque teñen os espíritos malignos no corpo e van para expulsalos á romaría desanta Eufemia, en Arteixo. (Leandro Carré Alvarellos (1951): Dicionario galego–castelán.A Coruña, Roel )

tangaraño é un xenio maléfico espírito social ou familiar, que ataca osnenos enfraquecendóos (entangarañandóos), deformandóos (raquitismo).Tamén se dí de alguén sobre todo dos nenos que teñen un enmeigamento. Asveces enferman por mal de ollo, polo que tamén se fan para a súa curación variadosritos. si dí dos nenos que están entangarañados, cando están flacuchos,esbrancuxados, débiles non teñen ganas de comer etc., etc.outros nomes: Terangaño, Tarangaño, (entangarañado = raquítico),

 

Golpes e pequenas feridas Cando alguén leva un golpe ou se fire, se dí pasándolle a man polo sitio onde

golpeou:

Sana sana cuíño de rá / se non sanas hoxe / sanarás mañá.
Cando alguén se atraganta danse uns golpiños na espalda dicindo:
San Blasiño, San Blasiño, abre o camiño / para que pase este bocadiño.

(Trad. oral familiar, Fina,Valón 1973)

 

Os dentes

Cando a un neniño caíalle un dente, tirábase na cinza da lareira dicindo:

Ratiño, ratiño / trae outro dentiño / que sea bonitiño.

(Trad. oral familiar, maría e Fina, Valón 1973)

Está costume e coñecida nos cinco continentes, se sigue actualmente en moitaspartes do mundo. os homes primitivos pensaban que os dentes de rato eranos máis fortes coñecidos e así por semellanza (maxia simpática ou principio deanaloxía) os novos dentes serían tan fortes e firmes como os dos ratos. Por exemplonos pobos do pacífico cando lle quitaban un dente a un neno dicían:

Gran rata, pequena rata, / aquí está meu vello dente / rógovos que me deadesoutro novo

 

Mal de aire

o mal de Aire tamén se denomina Aire de "nome do suxeito que causou omal", é un conxunto de males ou enfermidades producidas por unha gran diversidade de suxeitos: diferentes animais, muller, defuntos, vivos, lúa, sol, astros,ou determinados lugares e obxetos, etc., que xeralmente producen un estadode debilidade nas persoas ou diferentes males na vista, pel, etc.

E unha enfermidade da vista, e dicir cando a vista ponse roiba, (conjuntivitis).Cando se ten un ollo vermello se dí: – ¡E un mal aire que colleu! (Trad. oralfamiliar, Fina, Valón 1970)

 

Aire de morto

Se protexía especialmente aos nenos e mulleres embarazadas que se procurabaseparalas dos lugares nos que había un defunto xa que podería coller un"Mal Aire." Un neno podería enfermar éo recén nacer con diferentes males.

Tamén da mesma maneira se falaba do mal de Camposanto, do mal de Defuntoe de Sombra de Morto. Existen diferentes ritos de curación en Galicia.

 

Aire de toupa

Tamén se lle chama mal de toupa. Cando hai unha urticaria, inflamación ou apel ponse colorada (eritema) se dí que ten o mal da toupa. Cóllese este malcando se está traballando na terra e se lle toca a terra onde hai unha toupeiraea toupa solta o aire producindo este contaxio. Existen diferentes remedios eritos de curación en Galicia.

 

Males, mal de ollo. meigallos

Son innumerables as costumes tradicionais contra este coñecido mal (imaxinativo),amuletos, rituais de protección, formulas orais, escapularios, estampas,imaxes de santos, oracións, etc.

Botan o mal de ollo: Os birollos, xorobados, os pobres (mendicantes), asxitanas, os envidiosos, as preñadas, vellas e todos aqueles que sexan feos oucon defectos físicos. –¡Non hai birolla que sea boa!

Noutras ocasións tamén se dí: – ¡Botoulle a envidia a Fulano/a.! – ¡Botoulleunha meiga.! – ¡Habelas, hainas!

Para protexerse do mal de ollo se leva un allo macho nun bolsillo, unhacastaña de indias (Trad. oral, veciños de Covas) (*1)castaña da sorte) ou unOllo de Boi Vidal. Tamén para ter boa sorte e protección contra os males deollo, aire, etc. se leva nun saquiño de tea branco un cacho de "pedra de Ara"da igrexa.

Para espanta-las bruxas queimábase loureiro e tamén botábase na luminariade S. Xoán. Por S. Xoán e Nadal ponse nas entradas das portas unhas poliñasde acibre e herbas de S. Xoán.

Os animais domésticos tamén se protexen do mal de ollo. Porque unha persoapode botarlle o mal o animal aínda que non queira de forma involuntaria.

O corno dun carneiro cheo de aceite colócase na entrada da porta para protexero fogar de maleficios e meigallos. Algunhas casas da miña parroquia tiñanun corno colgado da parede da entrada case sempre na entrada traseira. Recordoque unha "pedra de Ara" a tiña gardada nun caixón na casa a miña avoaMaría e na parede da entrada traseira unha ferradura e un ramo de acevo.

–Para o mal de ollo, ver o artigo na revista do ano 2016.

 

Aceite de miñocas

Para os nenos cando se escordaban unha man se lles daba un masaxe conaceite de miñocas.

Cando unha vaca se prendía duna pata e non podía andar ou andaba coxaou tiña un dolor, se lle poñía un emplaste de aceite de miñocas, que se amarrabacun cacho de manta, unha lona ou un trapo que a cubrira ben a zonaenferma. Durante varios días e había que cambialo de vez en cando (unha vezo día). (Trad. oral, veciño de Covas) (*1)

Aceite de miñocas. Para facelo se enche unha botella de cristal escura conaceite de oliva virxe e bótanse dentro unhas cantas miñocas de terra, tápase eentérrase certo tempo baixo o esterco na corte das vacas, pasado o cal o aceitecólase e está listo para seu uso. O cheiro deste potingue e moi apestoso. Tódalascasas coñecían este remedio tan popular. (Trad. oral familiar, Ramón G.V.Valón 1970)

O uso medicinal das miñocas de terra e coñecido desde tempos moi antigos,está ben documentado. os médicos na Grecia clásica xa as usaban, os árabese moitos pobos, en toda a idade media e ata tempos contemporáneos. Asmiñocas usáronse de moitas maneiras en ungüentos, aceite, cataplasma, etc.Algunhas das doenzas para o que as usaban son: reumatismos, gota, artrite, raquitismo,luxacións, inflamación, almorranas, fortalecer os nervios e outras. oaceite preparábase de moitas maneiras: se lavan en auga fría e se cocen a fogolento cunha libra de aceite mesturado ou non con unto e se deixaba repousar.Ferver as miñocas en número impar en partes iguais aceite de oliva e viño deixarconsumir ata a metade e filtrar, Tamén se deixan descompoñer en aceitevarias miñocas nunha botella.

 

Alcol de culebra

Miña avoa collía unha culebra ea metía dentro dunha botella con alcol ea deixabaasí durante un tempo, que podía botar varios anos. Cando se acababa ese botaban outra culebra. Se usaba este alcol para dar fregas contra a dor dereuma. (Trad. oral, veciños de Covas) (*1)

 

Tosferina. gripe. O Fungo

Para curar a tosferina se daba de beber auga de Fungo. Nun frasco de bocaancha se botaba un fungo o cabo dun tempo o fungo ía medrando ata ter aforma dunha medusa, a auga que se formaba dese fungo era a que se bebía.

Cando se tiña unha gripe ou tos ferina se collía un rato de río (rata grande),se limpaba como se fora un conexo, se cocía e logo se lle daba a beber aoenfermo esa auga. (Trad. oral, veciños de Covas) (*1)

 

Os gras. Os fomentos

Para abrandar un gran se lle poñías fomentos que era auga quente que seaplicaba cun pano empapado. (Trad. oral, veciños de Covas) (*1)

 

Dores musculares ou reumáticos. A ventosa

Para quitar as dores en algunhas partes do corpo poñíache as ventosas. Sepoñía unha mota de cobre das antigas na zona dorida e unha vela encendidaque se tapaba cun vaso, entonces o bacío que se facía empezaba a tirar e tirardo músculo e se che ía a dor. Hoxe tamén se fai nas novas clínicas. (Trad. oral,veciño de Covas) (*1)

 

Olleiros

Cando tiñas un olleiro nun dedo o metías en auga quente. (*1)

Tamén en auga quente con sal. Alternar auga fría e quente. Para os uñeirose bo metelos en auga de mar durante varios días ata que curen e si non haimar preto, en auga con sal. Cortar unhas rodaxas de allo e poñelo na zona,suxeito cunha venda durante toda a noite. Cortar un limón pola metade, botarlleun pouco sal por encima e meter o dedo durante media hora aproximadamente,repetilo ata que mellore e desapareza. Poñer unha cataplasma de cebolacocida. Poñer un algodón debaixo da uña.

 

As parteiras. O parto. As preñadas

Aquí había dúas parteiras que atendían a Esmelle, a Mariña (S. Xurxo), Marmancóne Covas. Cando unha muller estaba de parto ían a buscar a parteira acasa aínda que fora a altas horas da noite para que axudara no parto. A parteiraas miraba e si vía que non era cousa súa mandaba a familia que chamarao médico (–!esto non é cousa miña!). Parían na sala ou na habitación, dicían que hasta que baixara a marea non había nada que facer, andaban coamarea. Mandaban poñer muller de rodillas ea medida que ía saíndo o nenoelas o ían collendo. (Trad. oral, veciño de Covas) (*1)

Miña nai nos contaba que oíra dicir aos maiores que antigamente para parirpoñían a preñada co cu sentada entre dúas sillas unha perna en cada silla,e así paría.

En Valón unha muller que viviu no Pereiro de Abaixo, cando foi a parir asentaron nunha silla poñéndoa de espaldas o lume da lareira (lume encendidopara dar calor) i en esta posición paría.

Tamén se dicía que antigamente as mulleres cando parían o facían na corteou no curral.

Despois de parir se lles regalaban, tabletas de chocolate, unha taza demanteiga cocida, unha galiña, ovos, queixo, leite, bolas, galletas, bizcochada,doces etc. Ademais teñen que ir tomando viño doce e dáselle caldo de galiña.

Unha botella de viño doce era un dos regalos habituais que se usaba como reconstituinte.

A unha muller parida que lle quedaban manchas escuras na pel da cara selle pasaba pola pel os primeiros mexos do recen nacido.

O neno recén que está na cuna se lle poñía nunha bolsiña: unha cabeza deallo ou unha castaña de indias. O allo para espantar as meigas ea castaña paraatraer a boa sorte, ou para protexerse do mal de ollo. E moitos outros amuletos.(Trad. oral familiar, maría e Fina.Valón 1970)

Cando se ve pasar unha preñada hai que procurar que non o vexa a un,porque pódelle botar un mal aire, ou un tirizó, e para evitalo hai que levantaro dedo polgar.

Cando se come si está unha preñada diante ai que darlle algo do mesmoque se está comendo porque pode botar un mal aire ou tamén un tirizó si sequedara co antollo.

O Xoves Santo, Corpus éo día da Ascensión as mulleres preñadas e a súafamilia non podían coser porque o neno sairía cos labios cosidos. Non podencomer marisco, percebes, barbo (peixe), fresas, porque lle pode saír manchasna pel ao recen coa forma do que coma. Nin comer coello porque lle pode saíro labio fechado. Nin poden ir de madriñas doutros nenos. Os antollos hai quecumprilos porque si non traería mala sorte para o nacemento e cría do recén.

Para saber si unha preñada vai ter neno ou nena. Se operaba da seguintemaneira, pásase un fío polos ollos dunha tixeira (tesoira) e dáselle varias voltas logo tírase das dúas puntas do fío desfacendo o trenzado, a tixeira ponse adar voltas entón según a posición en que queden as puntas así será neno ounena, si quedan de pico será neno e si quedan abertas será nena. ( Encarna P.,veciña de Ferrol en 1985)

Se lle da unha tixeira a muller preñada e se lle dí que a tire no chan, si caeaberta será nena si cae pechada será neno.

Se mira a forma que ten a barriga: si é redonda será nena e si é de punta,neno. Dáselle unha chave a coller a unha muller preñada e si a colle pola aparte redonda será nena si é pola plana será neno.

Pola forma da cara. Si a cara se pon arredondada será nena e si sigue igualserá neno. Si saen na cara graniños rosados (acné) será nena e senón neno.

Si a preñada leva unha cadea de ouro con medalla se colle a cadea coaman dereita ponse sobre a palma da outra man sen tocala ou da barriga, selevanta e baixa varias veces e se para a man, si o movemento que resulta faicircos é nena si é recto de diante atrás, neno. o uso da ecografía e moi recente.

Fig. 2. Medicina tradicional popular
Fig. 2. Medicina tradicional popular

Rituais de proteción

En toda Galiza hai santos cristiáns especialistas na curación de variadas enfermidadesas que se vai con "fe relixiosa" en peregrinación e de romaría, pedindoa sanación e que reconfortan aos pacentes se fan ofrendas e diferentes rituais:poñer o santo, os evanxeos, rescritos, responsos, oracións, bendicións,bicar o santo, pasar por debaixo das andas, dar voltas ao adro da igrexa, medallas,escapularios, imaxes, etc. Non é o tema deste traballo.

 

Os 9 baños na praia de Doniños

Cando un matrimonio non podía ter fillos, na noite de San Xoán ían a praia deDoniños a saltar as 9 olas. (Pois 9 lúas son os meses de xestación, ou se dabanas 9 voltas no adro arredor da Igrexa.)

Era de tradición inmemorial que os veciños do meu lugar (Valón) ían a tomaros 9 baños e saltar as 9 olas a praia de Doniños a finais de Agosto e primeirosde Setembro coincidindo coas Lagarteiras (influxo da lúa) pois créeseque nesta época e cando mellor esta o auga para bañarse, e ademais esto e bopara a saúde, non ter enfermidades e boa sorte o resto do ano. Este ritual debede renovarse tódolos anos. (Trad. familiar. Fina e Ramón, GV. Valón 1970)

 

O Auga bendita

Lavarse con auga bendita do día de Ramos ou do Sábado Santo e bo para asenfermidades da pel e sobre todo da cara. A patroa da casa (miña avoa, 1920)cunha pola de oliveira regaba con ela a casa, (bendicía) a corte, as leiras éos prados, para traer boa sorte e boas colleitas e tamén se bendicían os animaispara alongar os maleficios para todo o resto do ano.

 

As velas sagras

A vela de Xoves Santo era máis grande que a da Candelaria que era máis delgadae máis pequena, pero a da Candelaria era preferida porque tiña máis poder.Estas velas se levaban a igrexa a bendicir neses días santos, e se traíanpara a casa e se gardaban para usalas en casos de necesidade. (*1)

O día da Candelaria dous de febreiro (Presentación do Neno e Purificaciónda Virxe), Festa da Luz ou Festa das Candelas; se acude a igrexa con velaspara que sean bendicidas, que logo se prenderan en momentos de máximoperigo na saúde das persoas. En caso de morte se encende para que alume aodefunto no tránsito o máis alá.

 

O Ramo de loureiro

Cando se remata a construción dunha casa na que xeralmente participan familiaresveciños e amigos ponse na parte alta da mesma e ben visible un ramode Loureiro para que traia sorte e como protección da saúde dos seus moradores.

 

A Bolsa dos atavios

Para protexerse de todo tipo de males sobre todo "de ollo" e os "aires de..." foronusados unha gran diversidade de amuletos compostos de materiais dos tresreinos: animal, vexetal e mineral. Destaca entre eles a "bolsa dos atavíos" quepode ser de composición variada. A bolsa pode ir gardada no bolsillo ou cosidapola parte interior dunha prenda de roupa. Xeralmente estaba formada por algunhasdestas cousas: un anaquiño de pedra de ara, un dente de allo, un cachiñode estola, escapularios, relicarios, incenso, ruda, malvavisco, castañade india, escritos do evanxeo, etc.

 

Rogativas. rito de circumbalación

Cando se quere acadar algún beneficio para mellorar a saúde se ofrece algunhapromesa ao santo patrono da parroquia ou a outro que teña sona de milagreiro.Se ía a igrexa despois de oír misa se daban nove voltas arredor do adrorezando unha oración en cada volta, e xeralmente se entrega unha esmola ououtra ofrenda no santuario. O rito pode facerse ao redor de algún lugar sacrounha hermida, santuario, un santo, camposanto, etc.

O ritual de circunvalación existe desde tempos protohistóricos, forma partedas prácticas da maioría das relixións e crenzas. Debe facerse en sentido das agullas do reloxo ou da circulación do astro solar, polo xeral son sete ou novevoltas. E propio das peregrinacións aos lugares sacros.

 

Xabier Monteiro Graña

 

Continuar leendo o artígo: Medicina e sabiduría popular tradicional na antiga terra de Serantes (II)

 

<< Volver