Sociedade Cultural Columba. Ferrol, Covas

Intervención en Santa Comba unha experiencia cívico cultural

29/07/2002, Bonifacio Borreiro Fernández. Concelleiro de Cultura e Campus do Concello de Ferrol

A intervención arqueolóxica no xacemento de Sta. Comba, na parroquia de Covas demostra varias cousas.

En primeiro lugar, que os concellos como entes máis cercanos ó cidadán son quen de promover iniciativas cívicas, incluso de patrimonio histórico, previo contraste da súa viabilidade técnico-xurídica e fomentando a colaboración doutras administracións con competencias nese eido.

En segundo lugar, os concellos deben preocuparse do seu patrimonio histórico e artístico que conforman a súa identidade propia, a súa autoestima histórica, e polo tanto apostar pola Cultura que non é nin máis nin menos que comenzar unha boa e racional alternativa de futuro.

Por último, hai que deseñar un programa de intervencións sobre xacementos do término municipal no que se establezan prioridades, ben por motivación económica.

Hei de recoñecer que no caso do meu departamento danse as dúas circunstancias: Sta. Comba constituía –como agora sabemos- un lugar singular que atrae a moitos polas moitas referencias míticas, pero tamén o presuposto para pescudas históricas e artísticas non era suficiente –hoxe fixérono desaparecer-.

Cando Columba da man de Lola, falou a primeira vez sobre desta posibilidade, non o dubidamos. Iniciamos o expediente coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, contratamos á empresa Adóbrica, e comezaron as intervencións no último trimestre de 2001 coa estimable axuda da sociedade Columba e veciños de Covas.

O resultado está a vista: seis etapas de convivencia castrexa, romano, altomedieval ata os nosos días que podes observar, amigo lector, nesta nova entrega de “Ferrol en Tempos de Historia”. Son moitas as consideracións históricas, constructivas, materiais, de cunchas e minerais que se estudian aquí.

Asimesmo, son moitas enerxías postas polos veciños de Covas para determinar unha parte esencial da vida dos homes e mulleres que poboaron estas rexas terras, tamén fisterre, hoxe ferrolás que merecen toda a nosa atención.

Esperemos que as outras administracións cumpran cos seus compromisos dados. A intervención de Sta. Comba demostra que se poden facer as cousas, con senso social e cultural.

Agradezo á xente de Columba, de Adobriga e a Xunta de Galicia o seu espírito de colaboración e desexo que esta intervención, como tantas outras cousas, sexan o comezo dunha nova xeira no patrimonio cultural ferrolán.


Bonifacio Borreiro Fernández
Concelleiro de Cultura e Campus
Concello de Ferrol

<< Voltar