Rede de Maiores

26/04/2006, RETROCO

¿De ónde xurde a idea?

A Asociación Briante, colaboradora co programa do Concello de Ferrol Solidaria III, tiña a idea de crear unha rede de maiores. En colaboración cos alumnos do devandito programa foi pulindo o proxecto e intentando adaptalo a especial idiosincrasia da nosa zona. Tras oito meses de estudos presentouse o proxecto Retroco entre as diferentes asociacións, tanto do rural coma as urbanas.

Tres son os pilares de Retroco:
1. Facer participar aos maiores que aínda teñen moito que ofrecer á sociedade.
2. Favorecer o coñecemento mutuo e as relacións entre os maiores.
3. Fomentalo sentimento de utilidade social.

 

Sabemos que todo isto non é unha tarefa doada, pero ten que quedar moi claro que esta é unha asociación de intercambio de servizos entre persoas maiores e para persoas xubiladas ou pre-xubiladas. Eles son os usuarios e beneficiarios de todo. Tamén serán eles os que proporán as necesidades que precisan cubrir e as actividades que queiran levar a cabo.

Pensamos que si Retroco pode mellorar sensiblemente a calidade de vida dos maiores de Ferrolterra, tamén axudará a paliar, en grande medida, a soidade na que viven moitos. Situación que, en moitos casos, ós leva a illarse do seu entorno e, as veces, a perder a oportunidade de compartir vivencias e sentir que a súa experiencia vital pode ser beneficiosa para outros coma el.

 

Obxectivos xerais
1. Integrar a pre-xubilados e xubilados no ámbito territorial de Ferrolterra.
2. Intercambiar servizos de boa veciñanza para cubrir necesidades.
3. Compartir experiencias, coñecementos e habilidades.
4. Fomentalo enriquecemento persoal e o sentimento de identidade e integración social.
5. Evitala soidade e fomentala participación entre maiores.
6. Ampliala rede a familiares e amigos para apoio nas actividades.
7. Colaborar con outros colectivos e asociacións.

 

Para cubrir estes obxectivos é necesario contar con un mínimo de participantes para poñer en funcionamento Retroco. Tamén se debe elaborar un mapa social de maiores.

É importante deixar claro que non se trata de facer competencia desleal a ningún profesional en activo; un dos principios da idea é que serían servizos non pagados con moeda de curso legal senón con Trocos.

O Troco, é a única moeda válida para fixar o pagamento por servizo realizado. Cada servizo ten cuantificado os trocos que lle corresponden. Tamén está cuantificado o número máximo de trocos que cada persoa pode deber ou demandar.

 

¿Por qué utilizar un sistema de pagamento que non é de curso legal?:
      - Non ten intereses, acumular para especular non ten sentido.
      - Non escasea.
      - Prodúcena os usuarios.
      - Permanece dentro da comunidade,
non vai a parar a bancos.
      - Só é un instrumento de medición, non é un ben para comerciar no mercado fóra de Retroco.

 

Os Talleres E Servizos.

Un dos pilares nos que se basea todo é que os maiores non perdan  o sentimento de utilidade social. Consideramos que a mellor forma de conseguir esto é incentivando a participación, que eles mesmos sexan os “profesores” para outros en materias que dominan. Por esto, Retroco contempla unha serie de servizos e talleres.

Sería tarefa dos socios organizar as diferentes seccións dentro da asociación, para aproveitalos coñecementos dos integrantes da mesma. Tamén quedaría a iniciativa dos socios realizar excursións e outras actividades de ocio e tempo libre( exposicións e visitas culturais; ir ó cine; quedadas; xogos de petanca, chave, cartas).

Os socios levarían a organización de xogos en locais utilizando as infraestructuras de outras entidades. De eventos sociais conmemorativos de datas como: magosto, Entroido, Nadal...., etc.Colaboración con outras asociacións, entidades e colectivos para organizar eventos, excursións conxuntas, ou intercambio cultural con inmigrantes.

Pensando en aqueles socios con problemas de mobilidade ou outros problemas físicos, sería necesario prestar un servicio de acompañamento e axuda (incluso sacar a pasear a persoas en silla de rodas). Lectura a domicilio a persoas incapacitadas; axuda a cubrir formularios e interpretación de documentos recibidos.

Os Talleres serían impartidos por socios expertos para socios interesados, se recurriría a unha persoa de outra asociación si Retroco non contara con ese experto.

Estes son algúns dos Talleres a considerar:

-Taller de fotografía e informática.

-Taller de cociña(sana, para principiantes, para persoas solas....).

-Curso básico de fogar.

-Taller de elaboración de licores.

-Taller de bailes de salón.

-Taller de teatro.

-Taller de xardinería e horticultura.

-Taller de corte e confección.

-Taller de cine.

 

Organización da Rede de Maiores, Retroco

A rede organizarase creando unha Asociación para o Intercambio de Servizos que será xestionada directamente polos propios socios.

Nun premer momento presentaranse uns talleres e uns servizos que son de orientación xa que é o propio socio, nas asembleas o nas distintas formas en que se decida a aportación de ideas, o que decide e propón lo mais interesante para o colectivo.

A base da Rede  é a Autoxestión como en calquera outra asociación e por tanto son os socios e seus representantes por elles asignados os que deciden as direccións a seguir. A intención e fomenta-la participación polo que se fomentará la cooperación con outras asociacións e facilitaranse os lazos con entidades de Economía social que están interesadas en el proxecto.

 

<< Voltar