Trampas de pescadores

12/04/2008, Mario Valdivieso Mateos

​​

Desde que os nosos antergos, na súa longa loita pola supervivenza, foran deixando o nomadismo, trocando a caza e a fortuita captación dos froitos por un progresivo método de cultivo dos vexetais e a doma de certos animais; desde aqueles tempos da lonxana prehistoria, o home foi paseniñamente dándose conta de que os medios do seu planeta non eran inesgotables nin permanentemente incólumes.

Nembargantes, ainda pervive nalgúns miolos a primitiva idea de que os ríos, as terras, o ar e os mares constitúen unha despensa ilimitada, un pozo sen fondo onde se pode sustraer sen taxa e onde tamén colle todo canto lixo se poida xerar.

Todos coñecemos as conductas insolidarias dalgúns pescadores de río e mar que, sen ningún respecto polo medio natural, adoptan a actitude do depredador irracional que non pensa nos demáis e nen sequera no seu propio futuro. Interpreto que, en tempos pasados, eran comportamentos provocados pola iñorancia e as veces —todo hai que dicilo— por situacións de necesidade que justificarían ata certo punto ós actores daquelas falcatruadas.

Boliche bomba

Nos ríos galegos utilizáronse mil tretas ilegais para pescar as tan apreciadas troitas, desde hervas ponzoñosas que atontaban ó peixe ata toda sorte de petardos. Lémbrome do uso das gaseosas de boliche que eran utilizadas por medio dunhas pedriñas de carburo de calcio, si, o mesmo ˝carburo˝ que servía para alumearse con aqueles candís, hoxe xa esquecidos. Situábase, daquela, o pescador na beira do río troiteiro, e despois de asegurarse de que non había ninguén nos arredores, vertía un pouco de auga na botella e a tiraba o medio do río. Os poucos, a reacción co carburo ocasionaba un instantáneo aumento de presión, que provocaba a explosión da botella e a desfeita na fauna circundante. Uns intres despois as troitas comezaban a flotar e o pillabán so tiña que collelas cun truel.

Boliche carburo

Un procedemento ilegal, que eu lembro escoitalo contar nos meus anos da nenez, alá polas terras de Lemos, consistía na utilización do zume que extraían dunha planta chamada popularmente ˝trovisco˝1. A súa aplicación consistía en machacar o talo da planta nun recipiente axeitado onde se recollía o zume. Logo botábase todo nun remanso do río onde se coñocía a existencia de troitas ou doutros peixes. Parece ser que o zume do trovisco dificulta a respiración branquial dos peixes forzándoos a subir á superficie onde, abafados pola insuficiencia de oxíxeno, permanecen certo tempo atontados, circunstancia que aproveita o pescador para encher o cesto.

Na Baixa Idade Media, alá polo ano 1433, as Cortes de Madrid na súa petición número 45, entre outras cousas dí que ˝acostumbran de matar truchas y los otros pescados de río con cal viva e con yervas enponçoñadas, e acaesce muchas vezes que muchas personas nin sabiendo como las dichas truchas y pescados mueren por tal manera que lo compran e comen e es causa de les recrescer por ello acci- Boliche carburo dentes de dolençias de que llegan a peligro de muerte, a aun de fecho morir˝. Daquela xa usaban o trovisco machacado, servíndose tamén doutras plantas máis tóxicas, tais como o beleño, o gordolobo e mesmo a cicuta. A esta práctica chamábanlle ˝embarbascar ˝, denominación que aínda persiste no noroeste de Salamanca e noutras partes de España. É de suliñar que o trovisco tamén fora utilizado por algúns gandeiros como antiparasitario para o gando2.

Outro método curioso e non exento de enxeño consiste na introducción dunha corriente eléctrica na auga, obtida dun pequeno xerador3, ou dun acumulador, e transformada dun xeito tal que se obtén un elevado voltaxe, no marco dunha potencia curta. Os peixes do entorno inmediato, o recebir a descarga eléctrica, atóntanse momentáneamente, facilitando a súa captura.

Acerca de este sistema, ei de comentar que hoxe é aínda un procedemento prohibido, agás a súa utilización para obxetivos científicos, previo permiso especial. Así, ven sendo usado para reconto ou marcado de peixes en determinados canles fluviais.

Como dixen, é un método ilegal en tódala Unión Europea por entenderse que a súa aplicación indiscriminada, daría lugar a un expolio enorme dun río. Nembargantes, algúns biólogos estiman que a pesca eléctrica e un medio fantástico para estudio e control das especies.

Por outra banda o procedemento entraña certo perigo para os pescadores ˝eléctricos˝, xa que poden sufrir descargas, se o mecanismo non está correctamente construído, e os que o manexan non están ben protexidos.

Torvisco

Adoita que, de cando en vez xurde algún temerario, tendo acontecido que en máis dunha ocasión un pescador ˝listo˝ pagou coa súa vida o atrevimento de pretender pescar con corriente eléctrica. As hemerotecas nos informan de estos tráxicos sucesos, non exentos de estupidez e iñorancia4.

A remates de setembro de 2007 fora noticia a detención pola Garda Civil de catro individuos posuidores dun lote de artefactos explosivos, supostamente destinados para pescar sardiña, robaliza e sargo. Os detidos eran membros dunha mesma familia de armadores de cerqueiros con base no peirao de Camariñas.

Algús dos artefactos eran bombas de palenque , das destinadas habitualmente para festexos, pero tamén escondían cartuchos de gelamonita, mechas, detonadores e outros productos inflamables.

Este método de pesca non é novidade algunha para as xentes de mar de Camariñas e outros lugares do noso litoral. É un hábito caseque tradicional, que foi adoptado e tolerado polos armadores, ata que comezaron a decatarse do dano que estaban ocasionando, e as autoridades tomaron modestas medidas de control. Asi, xa se dictaron algunhas sentenzas condenatorias, a pesar de que a maioría consiguen burlar a vixiancia.

Algúns armadores de baixura de Portosín xa se manifestaron dicindo que ˝esto é pan para hoxe e fame para mañá˝, xa que servirse diste tipo de pesca non selectiva, arrasa toda a poboación de peixes e mesmo destrue o seu habitat. Amáis do dano causado á fauna mariña, non son poucos os mariñeiros que perderon a vida ou unha extremidade por un manexo torpe dos explosivos. E, ainda que non chegou a demostrarse, sospeitase que algún cerqueiro misteriosamente afundido como consecuencia dunha explosión que o botou a pique. Outro perxuizo denunciado é o que chegaron a padecer algúns pescadores de navalla, que padeceron importantes molestias nos oidos, a consecuencia das explosións provocadas por algún cerqueiro desaprensivo.

Como dixen, a pesca con explosivos ven de lonxe. Fai xa mas dun século a Liga Marítima Española denunciaba esta modalidade de pesca ilegal, que se practicaba nos ríos e nos mares ribeiráns.

Tampouco é unha actividade exclusiva das nosas costas, xa que ainda persiste tamén en outras partes do mundo, moi especialmente nas costas da Indonesia, onde a pesca con explosivos, amáis doutros danos, arrasou unha boa parte dos corais.

A pesca con explosivos tamén fora practicada nas nosas costas máis próximas. Para maior abondamento sirva, como remate, a trascrición de dúas noticias que foran publicadas fai un lote de anos nun xornal local5:

En Esmelle

"Los vecinos de Esmelle y San Jorge tienen el propósito de acudir en queja al Gobernador civil de la provincia contra sus convecinos Silvestre Beceiro y Carmelo Fernández, a fin de que se les exijan responsabilidades, puesto que se les ha visto diferentes veces dedicándose a la pesca en las inmediaciones de cabo Prior, valiéndose de cartuchos de dinamita, cosa que está terminante prohibida por la ley.

Los cartuchos deben contener una regular cantidad de dinamita, porque al explotar repercute por todos estos lugares, causando grandes estruendos. Además, los mismos individuos, aun estando en tiempo de veda, se dedican a la caza en el sitio conocido como Monte Grande.

La desaprensión no tiene límites"

En Cobas

“La pesca con dinamita. Desde la parroquia de San Martín de Cobas nos dicen que es inaudito lo que allí viene ocurriendo diariamente con la pesca por medio de la dinamita.

Partiendo de Cabo Prioriño hasta Cabo Prior y Cedeira, todos los días se ven embarcaciones menores dedicadas a la pesca, sin mas aparejos que explosivos de dinamita, con lo cual causan grandísimos daños en toda clase de pescado que circula por aquellas costas.

Y no solamente eso, sino que los mismos pescadores se exponen a ser víctimas.

Hay vecinos de algunas aldeas que tienen el propósito de alejar a dichos pescadores, haciéndoles fuego desde tierra, si fuese necesario.

Con el procedimiento de la dinamita arrasan y espantan el pescado, dejando en la miseria a muchas familias modestas que viven de la pesca˝.

Quero supoñer, mal pensando se queredes, que no río do Xuncal tamén perpetrarían algunha que outra trasnada para facerse doadamente coas troitas ¿non si?

 

1 En galego é trovisco.

2 Velaiquí unha descripción científica do trovisco: Torvisco, trovisco, matapolo ou bufalaga. Nome científico: Daphne gnidium. Pertence á familia das timeleáceas que constitúen un conxunto de plantas, arbustos e hervas, angiospermas dicotiledóneas. Ten follas perennes de aspecto lanceolado, opostas, simples, enteiras e sen estípulas, dispostas en forma moi densa na parte superior das polas: As flores axilares ou termináis, sen corola, formando panículas que aparecen o remate dos talos, son tubulares e divididas en catro lóbulos de cor branca cremosa. O froito é unha drupa carnosa de cor bermello e forma alongada. A planta pode chegar a acadar uns 2 m. de altura, con talos leñosos de corteza cor pardo roxiza, profusamente ramificados na súa base. Entre os especialista debátese sobre a posible orixe do nome de esta planta, relacionándoa co do pobo de Torviscón ou co verbo latino-hispano turbiscare (turbare) que era enturbiar, enturbiar a augua dos ríos coas baias do trovisco para adormecer os peixes e facilitar a súa pesca. A súa corteza e as partes aéreas conteñen unha resina moi activa (un glucósido chamado daphnina) que é empleada como antiséptico, como antiverrugueiro e contra diversas afeccións dos animáis: coxeira, moquillo, etc. Foi utilizada desde antiguo como laxante, pero é demasiado violenta, polo que non se aconsella o seu uso como menciña, xa que posue unha resina, a mezerina, e outro composto a daphnetina, de alto poder tóxico para persoas y animais. Aplicado de forma externa irrita pel e mucosas (efecto similar o dunha quemadura). Inxerido, produce náuseas, hemorraxia urinaria e vómitos O xenérico ˝Daphne˝ ven do nome da ninfa homónima, que perseguida por Apolo, rematou convertida en loureiro (outra especie diste xénero, Daphne laureola, posue as follas moi parecidas ás do loureiro común). O epíteto gnidium alude a ˝Gnidus˝, unha cidade de Creta. O trovisco espállase por tódala península, sendo o seu hábitat os sotobosques, matorrais e ribazos. O período da floración aproximado é entre xullo e novembro. No sur da península chegou a usarse como amuleto contra os conxuros, namentres que en Galicia o trovisco era un protector contra as bruxas.

3 As experiencias levadas a cabo amosan a conveniencia de usar un xerador ou batería de corriente contínua, como medio mas eficaz. A corriente alterna, de baixa intensidade actúa moi débilmente e o peixe non reacciona. O ir subindo a tensión o peixe vai acusando máis excitación, chegando a saltar o ar si seguimos incrementando a intensidade. O desconectar, o peixe recupérase axiña. Cando o peixe é sometido a corriente contínua, tras unha excitación previa, síntese forzado a dirixirse na dirección do ánodo, e dicir, o polo positivo da fonte de enerxía eléctrica contínua. Tamén é de ter en conta a composición da auga onde viven os peixes a pescar, en relación coa súa conductividade eléctrica.

4 O respecto, cito algunhas noticias recollidas dos xornais:

  1. Electrocutado un pescador furtivo

˝Higinio Iglesias García, de 43 años, natural y vecino de Sama, en Langreo, falleció electrocutado sobre las 20.00 horas del pasado jueves cuando pescaba truchas con artes furtivas en el río Nalón, a la altura de la zona conocida como El Pedrosu, en Rioseco (Sobrescobio). La muerte, según fuentes de la Guarda Civil, se debió a que esta persona estaba utilizando artes furtivas de pesca para la captura de truchas. Dicho método de pesca consiste en introducir en el agua un palo al que va unido un cable con los extremos pelados que previamente se ha conectado a baterías especiales, que produce una descarga eléctrica y obliga a saltar a las truchas, momento que se aprovecha para capturarlas con una red. Por causas aún desconocidas, el pescador, conocedor de lugar, cayó el agua y murió electrocutado. Su cadáver fue encontrado por varias personas que paseaban por la zona alrededor de las 21.15 horas.

 

  1. A electricidade é a técnica de pesca furtiva máis destructiva nos ríos galegos.

(De La Voz de Galicia, p. 9, do 23 de agosto de 1999)

A morte por electrocución dun pescador de Castiñeira (Ordes) o pasado fin de semana reabre o debate sobre os riscos de certas prácticas de furtivismo nos ríos galegos. Moitas técnicas ilegáis, como o uso de lixibia ou redes, perjudican o entorno. Pero a pesca con electricidade sobresae entre as demáis como unha práctica realmente arriscada, que xa provocou numerosas mortes.

A maioría dos ríos galegos están esquilmados. A poboación de troitas non se acerca nin de lonxe á registrada fai décadas, a pesares dos esforzos que se fan por recuperar os cursos fluviáis.

Gran parte do dano está causado por desaugues dalgunhas empresas e polos verquidos de purín. Pero a gran causa da disminución de troitas reside na pesca furtiva. Aparte dos límites de talla e cantidade de troitas a pescar por medio dá única modalidade permitida, a de caña —que xenera curiosas picarescas—, o método ilegal máis común consiste nos ganchos.Trátase de simples anzós con cebo que se deixan polas noites atados a unha rama ou raíz. Poden ser utilizados con moderación, por furtivos respectuosos, ou por auténticos esquilmadores que invaden os ríos con anzós, chegando a deixar algúns abandoados. E dicir, que, entre os furtivos tamén hai clases e niveis de responsabilidade. Outros utilizan redes, modalidade totalmente prohibida nos ríos. Métodos tradicionais proscritos son tamén o goxo —unha especie de nasa— e a pesca a man. Unha pequena dosis de lixivia mata todo o que atopa o seu paso, e as troitas, mortas por asfixia, límpanse ben e poden ser consumidas sen problemas.

Entre as diversas modalidades de pesca ilegal, a electricidade é moi efectiva e perigosa. Os ˝electrofurtivos˝ adoitan operar de noite utilizando fundamentalmente dúas técnicas: ben conectando os cables a un tendido eléctrico contiguo, ou servíndose de baterías. O uso do tendido eléctrico é o máis perigoso, polo evidente risco de contactar coas augas do río, que derivaría nunha electrocución (...)

Por outra banda, o furtivo que de tal xeito procede, comete dous delictos simultáneos, xa que, ó da pesca ilegal, engade o de atentado á propiedade da empresa eléctrica dona do tendido onde conecta os cables

 

5 O xornal é El Correo Gallego, correspondente o día 19 de abril de 1909. 

<< Voltar