Sociedade Cultural Columba. Ferrol, Covas

Biblioteca

A Biblioteca Columba créase no ano 2003 con fondos doados tanto por entidades públicas como privadas cos obxectivos de constituír un lugar de encontro que favoreza o acceso á información, a xeración e difusión do coñecemento, a promoción da lectura especialmente entre o público infantil, a conservación do patrimonio documental e facilitar información bibliográfica.

Na actualidade contamos con un fondo bibliográfico, con seccións infantil, xuvenil, local e outras de mais de 1.000 títulos catalogados a disposición dos lectores, accesibles ben mediante o servizo de préstamo a domicilio, de forma presencial na biblioteca os domingos en horario de 12:00 a 13:30h, chamando ao teléfono 635 954 080, ou en internet na web do Proxecto Meiga

Podes seguir a nosa páxina en Facebook

Localización: