Conto ... con churros

28/04/2018

Sábado 28 de abril, ás 18:00, a Sociedade Cultural Columba organiza unha actividade de animación á lectura na Biblioteca Columba de Covas

Unha actividade dedicada o público infantil para o que contamos coa colaboración do escritor ferrolano Antón Cortizas Amado.

Antón Cortizas Amado
(Ferrol, 1954) é un mestre e escritor de literatura infantil en lingua galega. Foi galardoado co premio Curuxa de humor de Fene en 1986, co premio Merlín en 2001, e co premio O barco de vapor en tres ocasión (1988, 1991 e 1995).

 

O remate convidámoste a unha cunca de chocolate.