Exposición das escavacións arqueolóxicas realizadas na illa de Santa Comba

10/08/2008

Domingo 10 de agosto de 2008 as 19:00 h.
Local Social da A.VV.


A Sociedade Cultural Columba inaugura unha exposición sobre as dúas escavacións arqueolóxicas realizadas na Illa do Medio, tamén chamada Illa da Santa, nos anos 2001 e 2006.

A exposición consta de unha serie de paneis onde se poderán ver os achados e unha breve explicación dos mesmos.

Tamén poderemos seguir a evolución da restauración que se ven levando a cabo dende 1998.
 
O xacemento

A praia e Illa de Santa Comba pertence a parroquia de San Martiñó de Covas, que está ubicada na parte septentrional do Concello de Ferrol.

O xacemento de Santa Comba atópase situado sobre o espazo desunido dunha antiga península que dividía as praias de Santa Comba e Ponzos. Espazo dividido pola acción erosiva do mar e onde se distinguen tres pequenas illas.

Santa Comba se cataloga como xacemento arqueolóxico no ano 1995, asignandolle unha adcripción cultural de xacemento castrexo e medieval.

Os achados

Restos de osos de animais, cunchas, espiñas de peixe, cerámica e osos humáns. E de destacar o achado do primeiro forno para a obtenciónde ferro de Galicia.

A restauración

Outra das actuacións, que se ven realizando na illa dende 1998, é a restauración da capela de Santa Comba.