Galicia Nomeada, a ferramenta dixital para salvar dous millóns de topónimos

21/12/2019

A Real Academia Galega, en colaboración coa Xunta, vén de poñer en marcha Galicia Nomeada

Un portal e unha aplicación móbil (xa dispoñible para iOS e Android) nos que gardar un patrimonio inmaterial vasto, único. E sobre todo, moi vivo.

é un chamado a colaborar a dous millóns e medio de galegos, que poden achegar ao rexistro a microtoponimia da súa zona.

Calquera persoa pode consultar a microtoponimia da súa vila a través do visor. E tamén, logo de completar o proceso de rexistro e obter un contrasinal, de engadir novas referencias ou suxerir cambios nas que existen, para o que teñen que cumprimentar un formulario. Hai un equipo de persoas que validarán os datos que se vaian enviando e contarán coa colaboración do Seminario de Onomástica e Topografía da RAG.

A colaboración cidadá é chave na aplicación desenvolvida pola RAG e a Xunta

¿Queres colaborar?
Podes participar na elaboración desta grande obra sobre o noso patrimonio colectivo. Fai as túas achegas cos topónimos que mellor coñezas rexistrándote nesta plataforma. Unha vez que accedas ao sistema, poderás seguir o estado dos topónimos novos que nos envíes e suxerir correccións aos xa recollidos na túa aldea ou parroquia.
As persoas que colaboren con Galicia Nomeada poderán xeorreferenciar o microtopónimo, do que se recolle a súa ortografía e tamén a descrición fonética (utilizando, por exemplo, un audio). Tamén se pode delimitar o ámbito que abrangue ese nome e engadir documentación sobre a súa historia, as lendas asociadas, e incluso fotografías ou vídeos.


Galicia ten unha riqueza excepcional na súa toponimia. Na súa extensión (29.574 Km2), malia ocupar un 6% do territorio de todo o estado, contén sobre un terzo das entidades de poboación de España. Estamos a falar de máis de 38.000 nomes de lugares que se rexistran actualmente no novo Nomenclátor de Galicia, obra que está en fase de actualización.
Isto, no que respecta á toponimia maior, pero cando falamos da menor ou microtoponimia, a cifra crece esponencialmente, pois calcúlase que podemos salvagardar máis de 2 millóns de topónimos vivos na memoria dos galegos e galegas, iso si, a meirande parte ameazados polo risco de desaparecer debido ás transformacións dos modos de vida tradicionais na nosa comunidade.

https://galicianomeada.xunta.gal/


2019-12-21 La Voz de Galicia - COLUMBA - Galicia Nomeada, a ferramenta dixital para salvar dous millóns de topónimos. A colaboración cidadá é chave na aplicación desenvolvida pola RAG e a Xunta. As dúbidas responderanse na web