O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas

22/08/2015

A Sociedade Cultural Columba presenta o libro O Xacemento de Santa Comba e a minería de Covas (Ed. Embora)

 

Sábado 22 de agosto
As 8:00 da tarde
Local da AAVV de Cobas

 

Participan pola UDC:

Xosé-Lois Armada
Doctor contratado, Instituto de Arqueología, UCL (Londres)

Pola Sociedade Columba:

José López Hermida
Presidente da Sociedade Cultural Columba

 

 

Descargar cartel

 

Sumario:

  1. O xacemento das Illas de Santa Comba e o seu contexto: presentación e bases dun proxecto de investigación (Xosé-Lois Armada e Víctor Alonso)
  2. Patrimonio xeomorfolóxico e xeodiversidade: espazo natural-cultural no contorno das Illas de Santa Comba (Ferrol, Galicia – NW España) (Manuela Costa-Casais)
  3. Documentación xeométrica do castro de Santa Comba e a súa contorna: do GPS ao LiDAR aéreo (Patricia Mañana-Borrazás e Alejandro Güimil-Fariña)
  4. Prospección xeofísica con gradiómetro tipo fluxgate no xacemento de Santa Comba (Carlos Otero Vilariño)
  5. Prospección xeofísica mediante tomografía eléctrica e xeorradar no xacemento de Santa Comba (Ferrol, A Coruña) (Pedro Carrasco García)
  6. Angae Rebe Trasangi: de novo sobre a dedicatoria a Rebe de Santa Comba (Covas, Ferrol) (Antonio Rodríguez Colmenero)
  7. Toponimia de Santa Comba de Covas (Ferrol) (Xosé-Álvaro Porto Dapena)
  8. Referencias históricas sobre a área de Prior, Sta. Comba e Ponzos (José López Hermida)
  9. Unha achega á historia contemporánea das minas de Covas (Eliseo Fernández)
  10. Descrición dalgúns aspectos da xeografía humana de Covas (Rebeca Senín Fontenla e José María López-Vizoso)
  11. O Plan Director como ferramenta para a investigación e valorización da paisaxe de Prior, Santa Comba e Ponzos (Carlos Otero Vilariño e Xosé-Lois Armada)
  12. Santa Comba e a minería de Covas: síntese e consideracións finais (Xosé-Lois Armada e Víctor Alonso)
  13. Santa Comba e a mitoloxía das illas litorais (Víctor Alonso)

 

 

Sinopsis:

Este libro presenta os resultados da investigación desenvolvida nos últimos anos ao redor do xacemento das Illas de Santa Comba (Covas, Ferrol) e o seu contorno, baixo a coordinación do grupo de investigación "Historia, Arqueoloxía e Análise Territorial", (HAAT) da Universidade da Coruña (UDC). Este traballo realizouse a petición da Sociedade Cultural Columba e coa súa colaboración.

Responde, en boa medida, ao compromiso amosado por este grupo e polos seus integrantes coa investigación e a valorización do seu ámbito xeográfico máis próximo, que con anterioridade ten dado lugar a encontros científicos e monografías sobre o pasado galaico-romano de Ferrolterra (Alonso Troncoso 1997), o patrimonio histórico das Pontes de García Rodríguez (Alonso Troncoso, 2003), o patrimonio histórico-cultural da Serra da Capelada ou, recentemente, a historia e patrimonio do Golfo Ártabro (Alonso Troncoso et al. 2014)

 

 

 

Diario de Ferrol 2015-08-21 O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas volven ser motivo de análise

 

La Voz de Galicia 2015-08-22 «O castro foi abandoado hai case dous mil anos»