Novidades

Exposición das escavacións arqueolóxicas realizadas na illa de Santa Comba

28/02/2011

A sociedade cultural Ardóbriga inaugura no salón de actos do colexio C.I.P Castro de Baxoi de Miño, a exposición sobre as dúas escavacións arqueolóxicas realizadas na Illa do Medio en Santa Comba, realizadas nos anos 2001 e 2006.

Este acto intégrase dentro do proxecto do citado centro, DENDE AS CAVERNAS ÁS ESTRELAS, que no presente curso está dedicado á prehistoria e as primeiras civilizacións

A exposición consta de unha serie de paneis onde se poden ver os achados e unha breve explicación dos mesmos. Tamén poderemos seguir a evolución da restauración da ermida situada na citada illa, que se ven levando a cabo dende 1998.

O acto estará presentado por:
      - Antón Prego,
        presidente da Sociedade Cultural Ardóbriga
      - José López Hermida,
        presidente da Sociedade Cultural Columba

 

Descargar cartel

Ler máis...

Conto ... con churros

18/12/2010

Sábado 18 de decembro, as 18:00, a Sociedade Cultural Columba organiza unha actividade de animación á lectura na Biblioteca Columba, na que contamos coa colaboración de Ler Librerías.


Unha actividade dedicada o público infantil na que Flor comentará o libro "El grúfalo (The Gruffalo)" con texto de Julia Donaldson e ilustrado por Axel Schefler. Editorial Macmillan, Madrid, 2008

“… Un pequeno rato logra que outros animais máis poderosos abandonen distintos lugares do bosque anunciándolles que agarda a chegada dun animal espantoso que se inventa, o grúfalo... Pero cando o grúfalo chega de verdade, debe inventarse o xeito para imporlle respecto tamén a el …”

 

O remate convidámoste a unha cunca de chocolate.

 

Descargar cartel

Ler máis...

Presentación del libro titulado La Claridad de la Sombra de la escritora Cristina Prieto Solano

10/07/2010
 El sábado 10 de julio de 2010 la Sociedade Cultural Columba organiza la presentación del libro titulado La Claridad de la Sombra de la escritora Cristina Prieto Solano.

Lugar: Biblioteca Columba

 

A través de las páginas del libro, los lectores encontrarán un universo repleto de magia y criaturas fantásticas, conocerán a Sara y verán en ella muchas de las inquietudes propias de su edad y de los tiempos que corren, desde la preocupación por el aspecto físico hasta la conciencia ecológica, pasando por el desesperado intento por aprender a manejarse en el complejo mundo de las relaciones interpersonales. Se trata de una historia de fantasía con una trama, que mezcla la aventura y el amor entre una pareja de adolescentes, que se ha visto unida debido a que comparten una misma misión que el destino les ha adjudicado: salvar el mundo paralelo al de los humanos, conocido como Kandreon, y del que sólo unos pocos tienen constancia de él.

A la edad de 15 años, Cristina se convierte así en una de las grandes promesas literarias de nuestro país. Lleva toda su vida veraneando en Cobas y en la que como ella nos cuenta “… Siempre pienso en Cobas como un conjunto de familia, amigos y felicidad. Por eso me hace tantísima ilusión presentar mi libro aquí, en la aldea que me ha visto crecer. Espero veros allí, e intentaré que la charla sea lo más amena posible...”

 

Leer más ...

Ler máis...

Contos ... con churros

22/05/2010

Sábado 22 de maio, as 18:00, a Sociedade Cultural Columba organiza unha actividade de animación á lectura na Biblioteca Columba, na que contamos coa colaboración de Leer Librerías.


Unha actividade dedicada o público infantil na que Flor comentará o libro do escritor italiano Leo Lionni, titulado Frederik, editorial Kalandraka con versión en español e galego.

“… mentres os seus irmáns recollen comida paro o inverno, o rato Frederik recolle raios de sol, colores e palabras …”

O remate convidámoste a unha cunca de chocolate.

 

Descargar cartel

Ler máis...