Novidades

Exposición no IES Concepción Arenal sobre ás escavacións arqueolóxicas en Santa Comba e a recuperación do seu entorno

01/06/2011

O Equipo de Dinamización da Biblioteca e Departamento de Historia do IES Concepción Arenal organizan unha exposición cedida pola Sociedade Cultural Columba sobre o xacemento arqueolóxico de Santa Comba.


Entre os días 01/06/2011 e 23/06/2011 os alumnos do instituto poderán visitar na biblioteca do centro a exposición, que consta dunha serie de paneis onde se poden ver os achados e unha breve explicación dos mesmos. Tamén poderemos seguir a evolución da restauración da ermida situada na Illa do Medio, que se ven levando a cabo dende 1998.


O venres 17 as 10:30 h., o presidente da Sociedade Cultural Columba, José López Hermida impartirá unha charla os alumnos de 1º de ESO

Ler máis...

Exposición fotográfica

08/05/2011
A Sociedade Cultural Columba organiza a exposición titulada Veciños, con  fotografías de Gabriel Tizón.

O acto inaugurarase o domingo 08/05/2011 no Local Social de Covas ás 18:00 horas e permanecerá aberta ata o domingo 15/05/2011

A exposición consta de fotografías en branco e negro de 70 cm X 50 cm, de varios veciños da nosa parroquia, coas que se pretende facer unha homenaxe os nosos maiores

 

Descargar cartel

 

La Voz de Galicia 2011-05-10 "Héroes anónimos en Covas"

 

Ler máis...

Exposición no IES Saturnino Montojo sobre ás escavacións arqueolóxicas en Santa Comba e a recuperación do seu entorno

12/04/2011
O día 12/04/2011, o IES Saturnino Montojo organizou unha exposición sobre o patrimonio da comarca de Ferrol, e máis concretamente da parroquia de Cobas, tivemos ocasión de escoitar unha amena charla que impartiu D. Xosé López Hermida, presidente da Asociación Cultural Columba, de Cobas, que amablemente cedeu a exposición temporal sobre os traballos de excavación e conservación do patrimonio desta parroquia.
D. Xosé López explicou a importancia do noso patrimonio, tanto o material como o inmaterial e o traballo fundamental que desenvolve na sociedade, asociacións como Columba para conservar a memoria do pasado, divulgar o patrimonio e contribuír  a súa conservación.
Os alumnos de 1º da ESO amosaron unha enorme curiosidade pola labor desenvolta pola Asociación Cultural Columba

Preme na ligazón para ver as imaxes da exposición que se amosaron no centro.

Ler máis...

Presentación del Plan Director Santa Comba - Ponzos - Prior

11/04/2011

El lunes día 11 de abril a las 12,30 horas, la Vicerrectora de investigación presenta el Plan Director Santa Comba - Ponzos - Prior, en la sala de prensa del Vicerrectorado del Campus de Ferrol. A iniciativa de la Facultad de Humanidades, CSIC y Asociación Cultural Columba.

El acto estará presentado por:
      Victor Alonso Troncoso - Facultad de Humanidades
      Lois Armada - CSIC
      José López Hermida - Asociación Cultural Columba

 

La Voz de Galicia 2011-12-10 "Humanidades catalogará todos los enclaves romanos y castreños de la zona
El trabajo se enmarca en un proyecto sobre el patrimonio litoral"

 

La Voz de Galicia 2011-04-12 "Una hoja de ruta para potenciar «a paisaxe cultural» de Covas"

 

La Voz de Galicia 2011-04-12 "Sin escaleras no podrá haber prospecciones"

 

El Diario de Ferrol 2011-04-12 "El plan director de Santa Comba fija la hoja de ruta para actuaciones en la zona"

 

El Correo Gallego 2011-04-12 "Ferrol nació en tres islas con minas de oro y hornos celtas"

 

La Voz de Galicia 2011-04-09 "El CSIC y Humanidades culminan el primer plan director de Prior-Covas"

 

Ler máis...