Novidades

Contos ... con churros

22/05/2010

Sábado 22 de maio, as 18:00, a Sociedade Cultural Columba organiza unha actividade de animación á lectura na Biblioteca Columba, na que contamos coa colaboración de Leer Librerías.


Unha actividade dedicada o público infantil na que Flor comentará o libro do escritor italiano Leo Lionni, titulado Frederik, editorial Kalandraka con versión en español e galego.

“… mentres os seus irmáns recollen comida paro o inverno, o rato Frederik recolle raios de sol, colores e palabras …”

O remate convidámoste a unha cunca de chocolate.

 

Descargar cartel

Ler máis...

Conferencia: Última subida do mar na costa galega, caso da Praia de Ponzos

14/11/2009

Continuando coa nosa labor de dar a coñecer e estudar os restos do bosque carbonizado atopados na Prai de Ponzos, a Sociedade Cultural Columba organiza en Covas unha conferencia titulada Última subida do mar na costa galega, caso da Praia de Ponzos que será impartida por Juan Ramón Vidal Romaní, catedrático de xeoloxía na Universidade da Coruña e director do Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal", pertencente a citada universidade.

Data:  Sábado, 14/11/2009 as 18:30 h.
Lugar: Local da Biblioteca Columba
Entrada libre

Leer máis ...

Localización:


Ver Biblioteca Columba en un mapa más grande
Ler máis...