Novidades

A toponimia da nosa parroquia

13/10/2008
A Sociedade Cultural Columba leva dous anos traballando na recollida dos topónimos da nosa parroquia.

Agora o resultado está dispoñible na nosa web para que poidas consultala e dado o interesante e importante que pode ser para a nosa parroquia, pregamos, animedes a calquera persoa que poida axudar a corrixir e completar tódolos nomes da parroquia.

Vos podedes poñer en contacto con nos a través do noso correo electrónico ou ben chamando o teléfono 669 20 23 96.
Ler máis...

Exposición das escavacións arqueolóxicas realizadas na illa de Santa Comba

10/08/2008
A Sociedade Cultural Columba inaugura unha exposición sobre as dúas escavacións arqueolóxicas realizadas na Illa do Medio, tamén chamada Illa da Santa, nos anos 2001 e 2006.

A exposición consta de unha serie de paneis onde se poderán ver os achados e unha breve explicación dos mesmos. Tamén poderemos seguir a evolución da restauración que se ven levando a cabo dende 1998
Ler máis...

O Grupo de Teatro Columba estrea “Os vellos non deben namorarse”

17/05/2008
O grupo de teatro Columba estrea o vindeiro día 17 de maio ás 20:00 h. no local social da A.VV de Covas a obra “Os vellos non deben namorarse”. Obra orixinal de Alfonso R. Castelao e dirixida por Helga Méndez.

"Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, quen logrou plasmar nela un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literaria dramática galega, a popularidade desta fermosa peza non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941" Ler máis...