Novidades

Subvención da Deputación da Coruña - cámara fotográfica réflex

04/12/2020
O pasado mes de novembro recepcionouse unha cámara fotográfica réflex unha vez coñecida a resolución definitiva da deputación da Coruña na que se nos concedía unha subvención económica despois de participar na convocatoria publicada para investimentos culturais para o ano 2020 dirixida a asociacións sen ánimo de lucro.
Esta compra mellora o equipamemto da asociación e permitenos continuar rexistrando e documentando moitos dos nosos traballos e proxectos. Ler máis...

VIIª Volta ó Cabo Prioiro de Cobas

01/08/2020

O día 1 de agosto realizarase un roteiro que percorrerá o Cabo Prior. Este roteiro está enmarcada dentro do programa « En ruta con Equiocio », no que a  Sociedade Cultural  Columba explicará durante o percorrido os elementos patrimoniais e paisaxísticos máis característicos.

Opcionalmente, no restaurante Beceiro poderá comerse un churrasco o prezo de 12,5 euros (Churrasco, cachelos, ensalada, criollo, xeado, bebida e café)

Ler máis...

Aparecen de novo restos do bosque carbonizado na praia de Ponzos (III)

11/04/2020

Este ano como novidade, desde mediados de marzo o mar está a arrincar pedazos dos restos do bosque carbonizado, botándoos na cabeceira da marea onde ao secar desintégranse e van desaparecendo como se poden ver nas fotos

http://www.sociedadecolumba.com/album/35  Ano 2020

http://www.sociedadecolumba.com/album/29  Ano 2016

http://www.sociedadecolumba.com/album/12  Ano 2009

http://www.sociedadecolumba.com/album/11  Ano 2009

http://www.sociedadecolumba.com/album/9     Ano 2009

Ler máis...