Federico Pérez Lago. Autor de letra e música
Comezando no Casal
Para alá de Cobarradeiras
Pasando o cabo Prior
E sen deixar as Gabeiras
Hai multitude de areais
Acantilados e pedras
Penarroiba, Os Cabalos
Mar por medio está Inglaterra
(Estribillo)
Covas paisaxe divina
Esmelle verde e frondoso
Con praias de fina area
Conxunto marabilloso
Covas paisaxe divina
Esmelle verde e frondoso
San Pedro de Marmancón
Conxunto marabilloso
Todo Esmelle cruza un río
Desemboca no Xuncal
Despois de darlle ós muíños
A forza do seu caudal
Si vides, vide amodiño
Ó pasar a Bailadora
Súas xentes son moi amables
Amables e acolledoras
(Al estribillo ...)
San Xoan patrón é de Esmelle
De Covas é San Martiño
E Santa Comba na hermida
Protección dos seus veciños
(Al estribillo ...)