Organizado pola Asociación de Amigos del Ferrocarril de Ferrolterra, Afaf, tivo lugar entre os días 3 e 5 de maio en Ferrol do 2013, unha serie de actos conmemorativos que recordaron a chegada do ferrocarril a Ferrol e a súa comarca. No concello de Fene destacamos a importancia de este medio de transporte terrestre e a utilización da liña férrea como medio para a instalación de quilómetros de tubaxe para o abastecemento de auga a cidade de Ferrol e as súas instalacións fabrís como o estaleiro e militares: arsenal, cuarteis, Base da Graña, etc.
A chegada do ferrocarril ós pobos e cidades foi considerado no século XIX e XX, un símbolo de progreso, un elemento básico para saír do illamento, un medio idóneo para transportar mercancías e viaxeiros, e así non utilizar as deficientes carreteiras ou camiños, nos que o medio de transporte eran os carros tirados por cabalos.
Foto 1. Ponte da Faisca, sobre a ría de Ferrol
En Galicia a chegada do tren e tardía, en 1873, cando se inaugura a liña que une Cornes (concello de Conxo, hoxe Santiago de Compostela) con Carril, en Vilagarcia de Arousa. Dous anos mais tarde, en 1875, se inaugura a liña Lugo-Coruña, o que comunicaría Madrid coa provincia coruñesa.
Dende o ano de 1853 os representantes da cidade de Ferrol inician unha campaña en demanda do ferrocarril que enlace a cidade e arsenal con Madrid. O primeiro proxecto será en 1869, cando se incorpore a liña Betanzos-Ferrol (a de Lugo- Coruña). O traxecto de Betanzos-Ferrol, será coñecido como “el ramalillo”, e ten a súa saída en Betanzos Pueblo a Ferrol, 45 km, nos que se empregaron case 50 anos na súa construción.
Imaxe 1. Trazado ferroviario Betanzos-Ferrol
As primeiras expropiacións do trazado ferroviario serán no ano de 1895, e se inician as obras tres anos mais tarde. O trazado do tren Betanzos-Ferrol consta dunha orografía complicada e contempla perforar 4 túneles e 5 pontes sobre as rías, ata a súa chegada a Ferrol. Transcorre polo golfo Artabro que engloba as rías de Coruña, Betanzos, Pontedeume-Ares e Ferrol. Así, moitas estacións do tren están abertas ó mar, nunha paisaxe de pequenas montañas e núcleos de poboación dispersos. O trazado da vía dende o seu nacemento en Betanzos infesta para ir a Betanzos Cidade, antes “pueblo” (situada a 104 metros de altitude), faino trazando un amplo círculo e atravesando un túnel ata chegar a Betanzos Cidade. O tren continúa en paralelo a ría betanzeira, atravesa as diversas estación das que consta o recorrido: Paderme, Miño, Perbes, Pontedeume, Cabañas, Franza, Barallobre, Perlío, Neda, e a estación final de traxecto, Ferrol.
Foto 2. Ponte da Faisca na actualidade, coa ponte peatonal
Durante moitos anos a prensa local ferrolá falounos das negociacións políticas, dos decretos e leis que se promulgaron, das dificultades da orografía, do escaso presuposto para a súa realización que estaba adxudicada a pequenas compañías ferroviarias, que acabaron pechando polo que o goberno de Primo de Rivera en 1928, nacionalizou a liña ferroviaria Betanzos-Ferrol e funda a Compañía Nacional de Ferrocarriles del Oeste, e que pervive como tal ata a constitución de Renfe no ano de 1941.
Foto 3. Casa central de la junta local de aguas de la marina, baixo a autopista en dirección a Ferrol
Ante a escasa financiación, o retraso permanente nas obras, no ano de 1907 se aproba un proxecto-lei para executar as obras polo estado e dotación orzamentaria, có que se incluiría na liña férrea a Ferrol, os ramais ó estaleiro, arsenal e, anos máis tarde, a base de A Graña.
Pero todas estas medidas serán insuficientes para rematar as obras polo que en outubro de 1910, por unha real orden do ministerio da guerra, e coa finalidade de satisfacer as necesidades da defensa nacional, entre as que figura ó abastecemento de auga potable a cidade de Ferrol, arsenal e estaleiro, a finalización da vía ferroviaria Betanzos-Ferrol, figura con dotación económica nos presupostos dese ano.
Foto 4. Estación de Neda na actualidade, situada a escasos metros de la Junta Local de aguas de la marina
Este proxectado abastecemento de auga seguirá o trazado ferroviario dende a estación do ferrocarril de Neda, na que se instala a poucos metros dela a Junta local de aguas de la marina, que fiscalizará o transito do abastecemento de augas a través da ponte de Neda (ou da Faísca), ponte das Cabras ata os depósitos situados en Ferrol e no estaleiro, arsenal, cuarteis, etc. Lembrar que este abastecemento de auga a Ferrol procede do río Belelle, que o seu paso polo concello de Fene, na parroquia de Sillobre e no lugar de San Marcos de Marraxón, se constrúe o embalse para a traída de augas e unha canle descuberta paralela o río Belelle. Nos últimos quilómetros esta canle esta cuberta ata a súa desembocadura na ría de Ferrol. Non será ata a década de 1960, cando o abastecemento de augas, a traída de augas a Ferrol, instalacións industriais, arsenal e cuarteis, procede do embalse das Forcadas, no concello de Valdoviño.
Foto 5. Primitiva estación de ferrocarril de Ferrol
A inauguración da liña ferroviaria ten lugar o 4 de febreiro de 1912, coa asistencia dos reis Alfonso XIII e Victoria Eugenia, con motivo da súa asistencia a botadura do acorazado “España”, aínda que non están feitas todas as estacións do traxecto. Para este acto inaugural a compañía ferroviaria do Norte presta a locomotora e vagóns, pois aínda non estaba adxudica a explotación comercial da vía Betanzos- Ferrol.
Foto 6. Estación de Barallobre co circuíto de educación vial na actualidade
Tras un ano de obras, rematan as diversas estacións do tren e se adxudica a explotación comercial. Nova inauguración, o 4 de maio de 1913, coa asistencia da infanta Isabel (quen en representación do seu sobriño, Alfonso XIII asiste a botadura do segundo acorazado de gran tonelaxe, o Alfonso XIII); cando o tren sexa accesible aos viaxeiros e mercancías dos diversos pobos que conecta entre Betanzos e Ferrol.
Ese día o periódico local ferrolá, El Correo Gallego, publica un especial baixo o título “Deseos satisfechos, esperanzas realizadas”, no que narra os feitos mais importantes da espera (case 50 anos) dun ferrocarril que cubre unha distancia de 45 km, que nos unirán a Betanzos, e despois a Coruña, Madrid, na busca do ansiado impulso para o despegue socioeconómico da comarca e de Ferrol.
Foto 7. Fachada da estación de ferrocarril de Ferrol
Como anécdota dicir, que no primeiro trazado a estación de Fene se situaría en Maniños e así faise o letreiro co nome de Maniños, pero por diversos motivos, a estación se situará en Barallobre, pero que levará o nome de Maniños. Por múltiples protestas dos veciños, non será ata o ano de 1919, cando se cambie o letreiro e figure como esta hoxe en día, Estación de Barallobre.
Dende hai uns anos a histórica estación de Barallobre, está rehabilitada como centro de educación vial para os escolares do concello.
A estación de Ferrol inaugurada en 1913, de vía ancha na liña Ferrol- Madrid, foi derruída a finais da década de 1960, por ampliación e incorporación do ferrocarril de vía estreita Ferrol-Gijón ou o tren da costa, que por múltiples motivos, dende a súa iniciación ata a súa inauguración, tardou en finalizarse case cen anos.
O ferrocarril Betanzos-Ferrol, dende a súa inauguración en 1913, tivo uns horarios escasos, o billete era caro para viaxeiros e mercancías, polo que o seu impacto como motor económico-social non foi o previsto. Os ferroláns seguiron utilizando a navegación de cabotaxe, e dicir o transporte marítimo entre a capital provincial, a Coruña e Ferrol, ó igual que nos diversos portos das poboacións da ría ferrolá (Neda, Perlío, Barallobre, Pontedeume).
Foto 8. As dúas vías, ancha e estreita preto da sua chegada a Ferrol