Emiliano Balás Silva - Tomás Casal Pita (Ed.)
--------------------------------
¡Brúa, brúa, mar de Cobas!
Xa te cansaches d'estar
Mansiño, bicand'as penas;
Xa batendo n'o areal
Revolvel'os teus cachós
Qu'en escuma se desfán
E zoupand'autros baixíos,
Fan mesmo fervel'o mar;
Xa sintes as lostregadas
D'o tolo vento Soán,
E xa enchido de coraxe
E quaréndote vengar,
Erguel'as altas ondas, com'a montes
Que salvan as Gabeiras. ¡Mesmo dá
Espanto de sentirte é de mirarte,
C'a rabea, adoecendo com'un cán
E batindo é n'as penas estoupando
Cuspir querorll'o ceo! ¡Seique n'hay
Soberbia com'a tua, n'iste mundo!...
¡Qué maneira d'erguerte é de baixar,
Maneándote louco é retorcéndote,
Com'unha cobra qu'está
Ferida é seu dente volve
Contra de sí, é tanto mais
Revírase é s'enguedella
Cant'as trabadas lle dán
Mais dolor! ¡Ou mar de Cobas!...
¿Cándo, cánd'acabarás
Por estar mansiño é doce
Sin ferver ó sin bruar?
--------------------------------
Emiliano Balás. Ferrol, Julio de 1904
(Publicado en El Correo Gallego, nº 8859, 28/07/1904, Pág. 2)
• • • • • • • • • • • • • • •

Emiliano Balás Silva (Ferrol 1859-1934) fue médico, pintor y escritor. A lo largo de su vida ocupó numerosos cargos (concejal, presidente del Ateneo, etc.) y estuvo muy vinculado a la vida política, cultural y social de Ferrol.
Fue impulsor de la Irmandade da Fala en Ferrol (30-04-1917) y del coro Toxos e Froles y miembro correspondiente de la Real Academia Gallega.