Etnobotánica. Herbas de uso tradicional e medicinal (Segunda parte) - I

12/07/2019, Xabier Monteiro Graña

​​

ETNOBOTÁNICA. HERBAS DE USO TRADICIONAL E MEDICINAL.

SABEDORÍA POPULAR NA ANTIGA TERRA DE SERANTES.

 

AS HERBAS  -  SABEDORÍA POPULAR.           PARTE II

 Tradición oral recollida

 

HERBA DE SAN XOÁNHERBA DE SANTA MARÍA

   A Herba de San Xoán (Tanacetum Parthenium - Tanaceto) a cultivamos na casa desde moi antigo, xa a tiñan meus avós, e tamén nas hortas dos veciños. Na véspera do día de S. Xoán se poñen nunha palangana con auga e se botan varias herbas de olor das que se teñan plantadas na casa  ou se falta algunha  lla pides a un veciño; deixabamos a palangana  fora da casa toda a noite para que lle dera o rocío (rosada), logo  pola mañá o primeiro que se facía cando te levantabas era lavarse a cara con esa auga toda a familia para ter boa sorte todo o ano e apartar as enfermidades e os males; iso era sagrado éo facíamos tódolos anos. Nos botabamos, Herba Luísa, Romeo, rosas,  follas de Nogueira, Herba de S. Xoán, Fiúncho e Xarxa ou Herba Abelleira.  Tamén coa  Herba de S. Xoán se fan uns ramiños e se poñen colgados nas entradas da casa e da corte dos animais xunto co Acibro e a Xilvarda. A auga da cocedura de estas flores e boa para a dor de regra.  (Trad. fam. En Valón  1935. *2 )

    A Herba de Nosa Señora se botaba na auga de rosas da véspera da noite de S. Xoán. E tamén por defuntos se facía o ramo con ela.  (Esmelle, María J.S. 1990).  (Aqui se refire  a Herba de Santa María e dicir o Tanaceto, non a Artemisa).

Foto 1. Herba de Xan Xoan - Tanaceto
Foto 1. Herba de Xan Xoan - Tanaceto

A Herba de S. Xoán (Tanaceto/Matricaria/Herba Santa =Tanacetum Parthenium  L.) na nosa localidade se cultiva nas hortas e xardíns non medra silvestre por aqui. Tamén se lle coñece en Galicia como Herba de Santa María e Herba da Nosa Señora;  Pero tamén co nome de Herba de Nosa Señora  e coñecida outra especie distinta a Artemisia vulgaris L. tanto en Galicia como en toda a Península.  Igualmente "Herba de S. Xoán" aquí o "Tanaceto-Tanacetum Parthenium  L. " non é a mesma especie que con este nome e coñecido universalmente o Hiperico, Hipericum perforatum. O Tanaceto tivo moitas aplicacións na mediciña popular, usóuse e úsase contra a dor de cabeza (xaqueca),  para súa prevención e crises, de aí seu nome en castelá de Migranela.

Nl.=Tanacetum Parthenium  L.,  Chrysanthemum parthenium,  Matricaria parthenium,  Pyrethrum parthenium. Ng.=Herba de San Xoán, Herba de Santa María, Herba de María. Marian. Nc.=Tanaceto, Amargaza, Migranella, Hierba santa, Matricaria, Matronaria. Ten moitos máis nomes.

 

HERBAS DE SAN XOÁN

    Principalmente as que se usaban por S. Xoán eran Fiúncho, Reina  Luísa, e algunhas outras flores. Pola mañá do día de S. Xoán se lavaba a cara con auga de rosas para ter boa sorte o resto do ano. O día anterior se metían as herbas nunha palangana con auga  e deixábanse así toda a noite.   (*1)

 

    A Herba de S. Xoán medra dereita ata 1 metro, as follas son parecidas as do pirixel, as flores son como as da margarita pequenas, ule moito, medraba sola nas hortas e miña nai as levaba a vender a praza de Ferrol polo día de S. Xoán, cando non chegaban as que tíñamos na nosa horta, nolas daban os veciños para completar os ramos. Na noite de S. Xoán as arbores e arbustos máis usados eran as polas coas follas de Loureiro, Espiño, Codeso, Xilbarda, Nogueira, Acibro e Carballo .  (*2)

 

     A Ruda e unha planta alta de follas pequenas que se colgaba na nosa casa  nos furados das paredes, portas e ventás o véspera do Día de S. Xoán e tamén se colocaban ese mesmo dia ramos feitos de Acibro, Loureiro e Xilbarda.  (*2)

    Na véspera de S. Xoán miña avoa e miña nai recollían herbas, poliñas e follas aromáticas antes da posta do sol, e metíanse nunha palangana chea de auga que se deixaba toda a noite fora da casa posta o rocío (rosada) (da noite de S. Xoán).  As herbas que usabamos eran: unhas follas de Nogueira, polas e follas de Reina Luísa, Fiúncho, Herba de S. Xoán, follas de Xarxa, Bertonia, Acibar, Herba Boa, Pétalos de Rosa, e Romeu.  E pola mañá o levantarse, toda a familia facía o primeiro lavado de cara e as mans con esta auga para ter boa saúde, sorte e para conservar a pel en bo estado durante todo o ano vindeiro.

   Polo serán da véspera de S. Xoán e antes do solpor poñíanse en tódalas aberturas da casa, ventás e portas de entrada  por fora, uns pequenos ramos (enramadas)  feitos de Acibro ou Codeso mesturado con Carballo, Xilbarda ou follas de Nogueira, para librar a casa da entrada das meigas, envexas, demos, e males de todo tipo. Isto se facía tódolos anos.

    Tamén nalgunhas casas poñíanse un corno oco de carneiro cheo de aceite colgado da porta do curral ou da corte por onde entran os animais e persoas.  (*2.  Aprox. en 1920/30)

 

   O día de San Xoán se poñen tres vasos con auga en cada vaso ponse un capullo da flor do cardo de cor rosa, a cada flor pídeselle un desexo e deixase toda a noite na ventá ao rocío e pola maña  se vai a mirar éo capullo que máis abra é o desexo que se cumprirá.  (En Ferrol, Encarna. P. Ferrol 1990)

 

    Recordo que en Canido a véspera do día de San Xoán íamos os rapaces polos campos a ver quen atopaba un trevo de catro follas porque quen o atopara sería moi afortunado.  -  !A coller o trévole o trévole ... ; a coller o trévole a noite de San Xoán!- (*2. En Canido 1965)

 

   Na noite de S. Xoán as arbores e arbustos máis usados eran, o Loureiro, Espiño negro ou branco, Codeso, Acibro, Xilbarda, Nogueira, Castaño e Carballo.  (*2)

 

  As herbas de San Xoán son sete herbas. (Veciña da Cabana-San Antonio, 1980)

  As herbas de San Xoán por este mes son tódalas herbas. (Veciña de San Saturnino, 2009)

 

    Se debe de recordar ademais que as nosas herbas son utilizadas para o adorno das festividades relixiosas sobre todo do día de Ramos, Corpus, os Maios sobre todo das Cruces de Maio.

 

HERBA DE SANTA MARÍA. Ver Herba de San Xoán.

 

HERBA DO AIRE. PLANTA DO AIRE

    E a planta da boa sorte para apartar as envexas, mal de ollo, celos ou calquera tipo de males. E mellor que alguén cha regale ten más efecto. Hai que poñela ben amarrada mellor nun lugar alto e ben a vista. Non ten que plantarse na terra non o necesita porque se alimenta do que trae o aire. Se ven moito nas casas na entrada, nas ventás, balcóns, terrazas, tendedeiros ou tellados.  (*2)

Foto 2. Herba do aire
Foto 2. Herba do aire

    Esta herba  que se pon nas entradas da casa, nos balcóns, ventás, etc. é unha herba máxica que protexe os habitantes dos males e da boa sorte. Se nutre da humidade do aire, non leva terra, e

toma o auga, nutrientes e minerais do po que leva o vento a través das follas. Se amarra cun arame ou piola a calquera parede, balcón, ou ventá. Se coñece popularmente como planta azul, medra enlazada aos árbores e procede dos desertos, bosques e montañas de Centro e Sudamérica,  México e sur de EE. UU.

    Tamén se coñece por aquí como Herba do aire o Aeonium - Ver Sempreviva. Hai máis especies distintas non este nome popular.

Nl.= Tillandsia sp. / bergeri. Ng.= Herba do aire, Carabel do aire, Flor do aire, Herba da sorte.    Nc.= Planta del aire. Herba de la suerte.

 

HERBA DOS CARPINTEIROS. Ver Milenrama.

 

HERBA DOS NABOS.-Ver Abrótega.

 

HERBA DONA. Ver Fumaria.

 

HERBA DONCELA

    Hai unha herba que medra moito nas silveiras da casa da miña avoa e que ten unhas flores azuis que se chama Herba doncela. (En Esmelle, María J.S. 1990)

    Coas flores da Herba doncela xogábamos moito de nenos chaman moito a atención a súa cor azul. Facíamos ramiños e coroas para adornar. (*2)

    Esta herba é moi abundante  nas silveiras e sebes que pechan as fincas. Pequeno arbusto  ben coñecido polas súas vistosas flores azuis e de látex velenoso.  Historicamente documentada polo Padre Sarmiento na súa visita a bisbarra de Ferrol. Está na lista de especies invasoras de Galicia.

Nl.=Vinca difformis (Pourret). Vinca media (Hoffmanns & Link.). Ng.=Semprenoiva,

Cangroia, Cangroza, Herba doncela.  Nc.=Vinca, Vincapervinca, Hierba doncella.

 

HERBA LUÍSA. REINA LUÍSA.

    A maioría da xente tiña na horta Herba Luísa que a collía éa secaba, se usaba para dores de barriga e de tripa, se tomaba en infusión igual que a manzanilla pero dicían que era mellor que ela. (1*)

    A Reina Luísa ea  Ruda a había  na casa dos tios-avós en Villabuide, eles a usaban moito,

ule moi ben como a limón. Ten o mesmo uso que a manzanilla para o estómago, para facer ben a dixestión e para os gases. Para as cortaduras pequenas machacar casca e follas de Herba Luísa e poñelas por enriba. Tamén  e boa como relaxante para durmir. (*2)

    E un arbusto moi coñecido, orixinario de Sudamérica, se usan as follas e flores frescas ou secas con fines medicinais e como condimento na cociña para aromatizar  postres, doces, bebidas, salsas, etc.

Nl.=Aloysia citriodora - Aloysia triphylla.  Ng.= Herba Luísa. Nc.=Hierba Luísa, María Luísa, Reina Luísa, Cedrón, Cidrón, Verbena, Hierba cidrera,  Cedrón del Perú.

 

HERBAS MALAS. MALA HERBA

    Coñeceremos con este nome un bo número de herbas que medran no medio das leiras de labradio, nas hortas  e terreos de cultivo en xeral, entorpecendo as tarefas agrícolas e minguando o crecemento e os froitos das plantas cultivadas. Entre elas as  máis nomeadas  son a Erbellaca, Xinxa, Xínxara, Herba campía, Fumaria, Vicia, Cola de Cabalo, Fariñentos , Pazote, Bledos, etc.   

 

HERBA MALA 

    A Herba Mala e altiña e ramallenta o tallo bota varias variñas e medra en terreos de labradio. A coñecemos como herba mala, e invasiva, e abundante por zonas. O Pazote e unha mala herba.  (*2). 

    Hai dúas herbas moi coñecidas e medicinais. As dúas figuran no listado de especies invasoras de Galicia e Península.

Mala herba, Erixerón: Nl.= Conyza canadiensis L. Cronq.=Erigeron canadiensis L.  Ng.= Herba mala, Erixerón, Coniza. Nc.= Zamarraga, Venadillo, Escoba, Erigerón, Erigerón del Canadá, Hierba de caballo, Husos, Zarramaga.

Mala herba, Pazote: Nl.= Chenopodium ambrosioides.  Nc.=Pazote, Epazote, Pasote.

 

HERBA MALDITA

    A Herba Maldita e unha herba parecida a aveaA consideramos unha  "mala herba" a veces é moi abundante e molesta os cultivos. (*2)

Nl.= Avena barbata, e tamén a Avena strigosa.   Ng.=Herba maldita.  Nc.= Avena borde, Avena bravía, Avena erizada, Avena erizadita, Avena loca, Avena morisca, Avena moruna, Balango común, Ballueca, Cigüeñita, Cobula.

 

HERBA MOURA

     Recordo que meu tío cando estaba mal do estómago  cocía dúas folliñas de Herba Moura e tomaba a infusión.  Esta práctica e moi perigosa porque a Herba Moura ten unha sustancia tóxica moi activa e hai que coñecer moi ben a doses a empregar. Tamén e velenosa para o ganado.

 (Aprox. en 1930  *2 )

    Da familia das solanáceas que son tóxicas. E unha planta moi velenosa, os froitos son tóxicos, narcóticos, o seu uso e perigoso e pode resultar funesto. Solanum nigrum do latín "solari" = calmar polas súas propiedades medicinais e "nigrum" a cor dos froitos. Os froitos son unhas boliñas coma chícharos de cor verde escuro que se volve negro. E relativamente abundante por zonas, medra en tódalas parroquias.

    Uso tradicional  máxico-relixioso .- Os seus froitos mesturados con polas de mirto e botados sobre as brasas dan un cheiro que fede para axotar os espíritos do mal.

Nl.=Solanum nigrum. Ng.=Herba Moura. Nc.=Hierba Mora.

 

HERBA PIOLLEIRA

    Me falaron  varias veces desta herba, que era boa contra os piollos, sen especificarme cal era. Se lavaba a cabeza coa auga da cocedura de esta herba.

    Hai varias herbas diferentes con este nome unha delas  medra silvestre por aquí a Pedicularis sylvática,  e  tamén  contra os piollos se usaron outras como o Tanaceo ea Ruda.

Nl.=Pedicularis sylvática. L.  Ng.=Herba piolleira, Chuchamelos.  Nc.=Gallarito.

 

HERBA PULGUEIRA 

    Eu recordo que había unha herba que se poñía nos colchóns das camas contra as pulgas, pero non me acordo ben cal era. (*2)

    Hai varias herbas distintas con este nome popular, as que medran silvestres na localidade son: Dittrichia viscosa, Pulicaria odora,  Pulicaria dysenterica,  Polygonum persicaria, e Mentha pulegium.

    Herba pulgueira 1.-Planta medicinal e que se colgaba en ramos para atrapar moscas, mosquitos e outros insectos, nas súas follas pegaxosas e se colocaba nas camas das cortes contra as pulgas.  Nl.=Dittrichia viscosa.  Nc.= hierba pulguera, Mosquera, Olivarda.

    A Herba pulgueira 2.-Foi moi utilizada antigamente para tratar as diarreas. Nl= Pulicaria dysenterica, Nc.= Hierba pulguera, Pulguera andaluza, Pulicaria, Hierba del gato, Cunígalo. etc.

    Herba pulgueira 3.-  Nl.=Pulicaria odora. Nc.= Hierba pulguera, Pulguera con raíz olorosa,  Árnica de monte,  Yerba de las machacaduras. ​

Herba pulgueira 4.- Nl.=Polygonum persicaria.  Ng.=Herba pulgueira, Cristas de galo.  Nc.=Hierba pejiguera.

 

HERBA SALGUEIRA.  UVAS DE RAPOSO. MADRESELVA

    As Uvas de raposo non se poden comer porque son velenosas. Esta herba e moi coñecida polos seus froitos (bolas roxass)  que son tóxicos e polas súas fermosas flores moi rechamates que adornan as sebes. (*2)

    Planta agabeadora leñosa pode acadar ata 6 metros. os froitos en baia vermella son tóxicos. As flores pódense chupar son comestibles de sabor doce pero non os froitos que son algo tóxicos e teñen acción purgante atraen moito os nenos polo seu cor o que fixo que se produciran varios accidentes de envelenamento; convén ensinar ben os nenos as herbas éos froitos pezoñentos. Seu nome venlle de que gabea polos salgueiros.  E moi abundante.

Nl.=Lonicera peryclimenum. (L.).  Ng.=Herba salgueira, Bigorda, Chuchamel, Uvas de raposo

Nc.=Madreselva.

 

HERBA RATEIRA

    Xa fai ben tempo que non escoito falar desta herba que usaban  antigamente meus veciños como laxante. Era usada como purgante e laxante para o estreñimento das vacas e as persoas.  Se contaban casos en que a inxestión de esta herba lles fora moita hora e que tiveron que acabar indo o médico. Todos a coñecían como unha herba de uso perigoso.  Faise unha infusión coas súas sementes ou de tres a cinco folliñas.

   Cando non andes ben do ventre toma unha herba que hai por aquí o Cagarriol.   (*2)

    Por aquí medran varias especies de euforbias producen unha resina branca moi tóxica, usada tradicionalmente como antiséptico, laxante e contra as verrugas, durezas e callos. A medicina actual fai que xa non sexa necesario recurrir a elas.   

Nl. =Euphorbia amygdaloides L.  Euphorbia lathyris L   Ng.=Herba Rateira, Herba leiteira, Cagarriol, Nc.=Lecherezna, Granos rateros, Hierba topera, Hierba vomitoria, Tartago, Cagamuja.Ten moitos máis nomes.

 

HERVELLACA. ERBELLACA.  HERBA DA FAME . VICIA 

    A Ervellaca e unha mala herba medra no medio dos sementados e do trigo e se enreda nel e sube trepando, da unhas bolas na raíz e unha semente como un chícharo.   (*2)

    Por aquí a Ervellaca a coñecemos como unha "mala herba", que medra nos terreos de labradio. Cando e moi abundante nunha leira entorpece o cultivo e se di que a terra ten " moito vicio."  

    Chama a atención o nome co que coñecemos esta mala herba igual que en Portugal "Ervilhaca"  pois non é o máis popular da Vicia. Moi coñecida en toda Europa, ten máis dun centenar de nomes populares. Por aquí medran varias especies distintas de Vicia.

 Nl.= Vicia sativa.  Ng.= Herbellaca, Ervellaca, Vicio, Vicia, Xínxara. Nc.= Arveja, Veza, Vicio, Vicia.

 

LABAZA. LINGUA DE VACA. ACEDERA

    Se cocía a folla e a semente pero era mellor a semente. Se tomaba o líquido como se fora manzanilla.  Se usaba para curar a descomposición. Se usaba tanto para persoas como para animais,  para os animais se botaba moita máis cantidade.  (*1)

    A Labaza e boa contra a diarrea. A forma como a preparaba e gardaba a miña avoa era

a seguinte, se collen as follas, déixanse secar, despois refréganse ata que queda moi fina e

por último se garda en bolsiñas.  As  bolsiñas se facían cosidas cun pano ou trapos moi limpos e brancos e logo se utiliza coma unha infusión  calquera.  (En Ferrol, Encarna. P. 1990)

    A Labaza úsase contra a diarrea. (En Mugardos, Juan. R. 1990)

   E moi boa si tes pavos para darlles de comer e crialos. Se pode comer cocéndoa como as verzas e tirando despois o auga (contén oxalatos)(*2)

    Herba moi coñecida na nosa localidade medran media ducia de  especies de Rumex difíciles de distinguir  polo seu gran parecido a: Rumex crispus, Rumex pulcher L.  Rumex acetosa, Rumex acetosella, etc.  As plantas do xénero Rumex son comestibles pero de facelo hai que cocela e tirar o auga pois conteñen oxalatos. Na Idade Media se cultivou moito como alimento a Romaza (Rumex patientia). Lingua de vaca, nome co que tamén se coñece o Chantaxe (Plantago major L.) que son especies distintas.

Nl.=Rumex crispus. Ng.=Labaza, Lingua de vaca, Lingua de boi, Acedeira, Alabarza, Lampaza, Salgada. Nc.= Romaza, Acedera común, Lengua de vaca, Vinagrera, Agrilla. Ten máis dun centenar de nomes populares.

 

LEITERELLA. LEITERUGA 

    E moi boa para darlle de comer aos coellos. E boa para quitar as verrugas, se corta a rama e co leite que bota se aplica a verruga varios días ata que se rechuma. E unha herba moi abundante medra por todas partes. Miña avoa e meu pai sempre me mandaban ir coller leiterellas para darlle aos coellos. (*2)

     As Leiterellas ou Leitugas son boas para as vacas porque lles fan dar moita leite, e  tamén as comen moi ben os coellos.  (Covas-Ferrol,  Ánxela P. 1990)

    Con este nome popular hai máis de vinte especies diferentes en Galicia. Ao cortar a planta desprende o  leite (látex branco) e de aí venlle o seu nome.  Medra en abundancia en cunetas e terreos baldíos, é comestible tamén para o home.

Nl.=Sonchus  oleraceus L.  Ng.=Leitaruga, Leiteruga, Leiterella, Leituga, Cerraxa. Nc.=Cerraja.

Cerrajos, Lechuguilla, Lechecillo

 

LILA

    As Lilas son esas flores pequeniñas e bonitas que saen no campo en outono cando o tempo está máis frío.  As Lilas non son boas para o pasto das vacas.  O Azafrán o cultivaba meu irmán na súa casa de Brión  dunhas sementes que lle regalaran. (*2)

    As Lilas tamén hai quen lles chama Violetas que son outras plantas.  Hai varias especies con este nome popular. O Crocus serotinus e unha herba tóxica o ganado non a come. Da mesma familia do Azafrán Crocus sativus, condimento que se cultiva en moitos lugares da Península.

Nl.=Crocus serotinus. Ng.=Safrán bravo, Lila, Tollemerendas, Papamerendas. Nc.=Azafrán silvestre, Azafrán loco, Azafrán de otoño,  Azafrán desteñido, Azafrán fatuo, Azafrán sin olor, Lila, Merendera, Quitameriendas, Pierdemeriendas.  ​

 

LINGUA DE BOI.- Ver Labaza.

 

LINGUA DE OVELLA.- Ver  Chantá.

 

LINGUA DE VACA.-  Ver Chantaxe e Labaza .  

 

LIÑO

     As sementes de liño se poden comer e teñen moitos beneficios. Son boas para a dor de estómago e as malas dixestións, tamén para o estreñimento tomando o auga da súa cocedura.

O Aceite de linaza era moi usado. (*2)

    As sementes de liño tiveron antigamente moitos usos terapéuticos. Por aquí medra silvestre o liño de tecer "linum usitatissimun," e pouco abundante. -(Cultivo do liño, revista Columba ano 2005).

 

MACELA. MANZANILLA,        

     A manzanilla se cultivaba nas casas e as flores se gardaban nun frasco de cristal ben tapado para as dores de barriga, estómago e as malas dixestións.  Se prepara en infusión ou cocedura.

     Para as molestias nos ollos, irritación, conxuntivite, e bo lavalos con infusión de  manzanilla colada. E tamén poñer nas pálpebras unha gasa empapada na manzanilla.

     Para as malas dixestións e dores de barriga ou estómago tomar infusión de manzanilla a que se pode engadir unhas gotas de limón ou anís. A infusión de Manzanilla e moi boa para as infeccións de vexiga e para facer mexar. A Manzanilla e boa para expulsar os gases.

    Si non hai outra cousa mellor a man e boa para lavar as feridas. Cando se ten ulceras na boca e bo facer buchos ou garguexos con a infusión de manzanilla.  Para a dor e inflamación de oídos botar unha gotas tibias de infusión de manzanilla.  A manzanilla, medra nos arredores das leiras e nos campos. (*2)

    Cando se quere aclarar o pelo (teñir de roibo) para as que teñen o pelo acastañado ou rubio oscuro non vale para os que o teñen negro. Se ferve un puñado de flores de manzanilla en medio litro de auga ou algo máis, durante un par de minutos e se apaga, logo  se deixa ata que enfríe, se cola e se engade o zumo dun limón. Logo se lava a cabeza con esta infusión masaxeando ben todo o pelo e se deixa secar ao sol durante media hora. Se pode deixar tamén a cabeza tapada cun gorro de baño durante o mesmo tempo. Logo se aclara lixeiramente con auga e xabón. Hai quen mestura dúas culleiradas de mel, vinagre, canela ou pizca de sal.  (*2)

    Hai moitas especies diferentes con este nome popular. As silvestres que medran na localidade: Chamaemelum nobile, Chamaemelum mixtum, Chamomilla suaveolens (Pursh) e tamén a Matricaria marítima.

Nl.=Anthemis nobilis (L)=Chamaemelum nobile (All)=Ormenis nobilis (Gay). Ng.=Macela, Margarcela. Nc.=Manzanilla fina, Manzanilla romana, Manzanilla dulce, Camomila, Matricaria camomila.

 

MADRESELVA.-Ver Herba salgueira.

 

MAÍNZO. BARBAS DE MAÍNZO

    A barba de maínzo da espiga Reina era máis preferida que as outras, se recollía e se gardaba para facer medicinas.  (*1).

    Para a dor de vexiga e afeccións de urina (cistite), se toma unha infusión feita con Barbas de Maínzo. Cando alguén da casa non podía orinar se cocían barbas de maínzo, se colaba e despois se bebía o líquido.  A infusión de Barbas de maínzo e boa para expulsar as pedras de ril.(*2)

     Na casa todos os anos botábamos o maínzo para forraxe dos animais e para o noso consumo que logo levabamos ao muíño para facer a fariña de cocer o pan no forno da casa. Algunha vez  cocemos pan de maínzo solo pero o que se facía sempre era o de broa ou mestura  que o mesturábamos con algo de trigo ou centeo. Facíamos papas e as tortas na sartén. O maínzo tamén llo dábamos de comer as galiñas para que poñeran bos ovos.

    Nos xuntabamos os da casa e algún veciño para desgranalo e facer a "esfolla" na que o pasabamos moi ben contando moitos contos, cantabamos e ríndonos de todo, e tamén tomabamos pitanza con algo de bebida. Cando estabamos esfollando o que esfollaba unha espiga vermella berraba "Reina" era a "espiga Reina" quen a atopaba ía a ter moita sorte o resto do ano,  esta era a espiga da sorte.  Tamén facíamos coa folla os colchóns e as veces algunha almofada pero estes non eran tan bos como os que facíamos de la, eran moito máis incómodos e de peor calidade.  Na nosa casa xa facía anos que deixaramos de facelos.

    Cos carozos das mazorcas as nenas facían monecas de xoguete. Os carozos son bos enterralos preto das arbores para abonalos. Tamén se usaban para masaxear a planta dos pes.  (*2)

    Planta orixinaria de América tropical, que se estendeu por toda Europa debido ao seu valor alimenticio ea as múltiples aplicacións; cultivada en case tódolos países. Seu nome deriva de "mahís", nome que lle daban os taínos da illa de Haití.

Nl.=Zea mays L. Ng.=Maínzo, Millo grande,  Millón, Millote, Millo gordo, Millo graúdo. O cultivo do maínzo sustituiu ao verdadeiro Millo=Mijo/mijus/panicum miliaceum  e tamén o seu nome.   

 

MALVA

    Da Malva se usaba a folla e a semente e non me acordo para que ... (*1)

    De nenos comíamos os queixiños cando a atopabamos nos arredores dos camiños. A Malva  (Lavatera cretica L.) e boa para as almorranas e para o estreñimento.  A malva usábase para os catarros a garganta e a bronquite.  A Malvaloca son as Malvas.

    Ditos populares: Despois do que lle dixo quedou como unha Malva. Vai a criar Malvas ou xa está criando Malvas.  Mal vas si vas a recoller Malvas (*2)

    A Malva e seu grupo especies similares foron amplamente utilizadas para moitos males tanto en Galicia como no resto da Península i Europa, usadas desde a antiga cultura greco-romana para case todo o relacionado coa saúde, ata tal punto que na idade media a denominaron como "omnimorbia"  co  significado de  "contra todos os males".  Na nosa localidade medran tres especies de malvas:

Malva: Nl.= Malva sylvestris L

Malva: Nl.= Lavatera cretica L. - Malva multiflora (Cav.) SoldanoBanfi & Galasso

Malva: Nl.= Malva tournefortiana L.

Ng.=Queixos, Queixiños, Requeixos, Herba Queixeira, Malva. Malvarosa, Malvaloca.

Nc.=Malva, Hierba de los quesos, Quesitos, Quesillos, Alboheza, Malvarosa, Malvaloca.

 Malvones, Marva, Pajicilla, Panecico, Panecillos,  Pan y quesito, Probayernos, Quesilla.​

 

 MALVAVISCO

    O Malvavisco, é silvestre non sei si medra por aquí, o usábamos moito para as feridas e para preparar medicinas  cando  traballaba na farmacia do Hospital. (Aprox.  1930 *2)

    O Malvavisco si medra en Galicia pero non na nosa localidade.

Nl.= Althaea officinalis L.   Ng.=Malvavisco, Alteia, Malvarisco   Nc.= Malvavisco

 

MALVELA

    A Malvela antigamente era empregada para os catarros ea bronquitis. E unha herba silvestre de flor olorosa que medra no val de Doniños.  (*2) 

    Esta herba foi moi utilizada na Edade Media para os catarros, gripe, resfriados, farinxitis, bronquitis, asma, colitis, feridas e forúnculos e tamén popularmente se utilizou como sedante, antidiarréico e contra as infeciós de orina. Nl. Glechoma Hederacéa. Ng.=Malvela. Nc.= Hiedra terrestre, Malvela gallega, Rompepiedras, Yedra terrestre ancha, Yerba terrestre, Zapatitos de la virgen, etc.

 

MAPOULA. PAPOULA

    A Mapoula aparecía moito cando se cultivaban as terras. A infusión das flores e boa para calmar os nervios e para durmir.  

    A Mapoula lla daban en infusión aos nenos cando por calquera motivo non podían durmir. (En Valón, Felipe G. *2)

Foto 3. Mapoula
Foto 3. Mapoula

     Planta que medra en campos de cultivo algo secos, nos campos de trigo ou esterqueiras en toda Galicia. As follas novas en Cataluña e Aragón as comen en ensalada antes de florecer; a planta enteira, follas, cápsula e sobre todo os pétalos empréganse como sedantes e para combater o insomnio e a tose. Non posúen opio. Historicamente o consumo de mapoulas ternas remóntase a época de Teofastro fai 2300 anos.

    Na localidade medran/medraban dúas especies agora moi escasas. Papaver rhoeas L, e  Papaver somniferum.  Nos anos 70  (1970) se podían ver nos bordes dos camiños e lindeiros na zona da Pedreira cara a Santa Comba. Pouco abundante. A verdadeira Adormideira é a Papaver somniferum medra silvestre en Galicia da que se saca o opio, é  cultivada para elaborar medicamentos.

Nl.=Papaver rhoeas L. Ng.=Mapoula, Mapoula brava, Papoula, Ababa, Adaba, Buxaga, Panos de Nosa Señora, D/u/ormideira.  Nc.=Amapola, Ababol, Adormidera, Clavelitos de China, etc. 

 

MARGARITA. MARGARIDA. BELORITA

    As Margaritas están no campo todo o ano. Todo o mudo as coñece da gusto ver os campos cubertos de Margaritas. As follas e a flor son comestibles e se poden tomar en infusión como depurativa. As follas machacadas son boas para curar as feridas.  

    A Margarita (maior)  se planta nos xardíns e se usa  na auga de rosas do día de S. Xoán e como decorativa nos xarróns nas casas e como flor de defuntos.  As  flores se usan como adivinatorios amorosos nos xogos de nenos, rapaces e mozos; collendo unha flor e vanse quitando os pétalos un a un dicindo: - "Si - Non"  ou  " me quere non me quere", ata que quede un so -o último-  que indicará o que vai suceder.  (*2)

    Se cultiva nos xardíns das casas pero as veces se escapa para os camiños e pistas formando colonias algo invasoras.  A Margarita como a Rosa se coñecen como a flor do Amor.

Margarita silvestre; Nl.=Bellis perennis. Ng.=Margarida, Bonina, Parramina, Belorita.  Nc.=Margarita, Maya, Vellorita, Chiriviita, Margarita menor, Pascuita. Ten moitos máis nomes.

Margarita maior:  Leucanthemum spp. /vulgare / máximun/ Chrysanthemum leucanthemum

 

MATRICARIA. -  Hai varias especies distintas con este nome popular. Ver Macela.   

 

MELISA. Ver Herba Abelleira.     

 

MERCURIÁ

    Se arrancaban as herbas de Mercuriá e se amarraban nun pau e se facía unha escoba para varrer o forno. Tamén se podía facer a escoba con loureiro ou con xesta. Para varrer a eira cando facía falta.  (*1)

    O Mercuriá  medra tamén por aquí e hai zonas en que é moi abondoso, e unha mala herba que todo o invade. O Mercuriá usouse para facer mexar.  E velenosa para os animais.

   Na nosa casa ademais tamén usabamos para varrer, ou varrer o forno: Codeso, Xesta, Xilbarda, Acibro, Loureiro, Arbusto (Filseira) e Buxo.  (*2).   E unha herba tóxica.

Nl.=Mercurialis annua (L.). Ng.=Mercuriá, Marcuriá, Marcurial, Basallo. Nc.=Mercurial.

 

MEXOS. MEXACÁN. Ver Dente de León.

 

MILENRAMA. HERBA DOS CARPINTEIROS.

    A Milenrama medra nos lindeiros e bordes de camiños, en calquera parte pero non é demasiado abundante vense uns pes aquí e outro alá. E moi boa para curar as feridas e fai mexar. (*2)

    Seu nome Archellea en honor a Aquiles heroe da Guerra de Troia. E unha herba que medra en toda a Península máis abundante na parte norte, e comestible ten moitas propiedades medicinais, chamada Herba dos Carpinteiros (Herba das feridas) porque a usaban os carpinteiros para curar as feridas.

Nl.=Achillea millefolium L. Ng.=Milenrama, Merisana,  Milfollo, Onca, Herba dos Carpinteiros, Herba do soldado, Herba da Rula. Nc.=Milenrama, Mielefolio, Ciento en rama, Herba de las heridas, Meona, Perla, Pamplina, Hierba de  Aquiles, Aquilea.

 

MILLO. MIJO  

    Agora xa non se cultiva o Millo pero os máis vellos da familia si se recordaban de cando se cultivaba nas súas terras da Milleira detrás de Villaboide a na Milleira próxima aos cuartelillos de Campaíñas e en outros lugares de Valón. Eu recordo de neno ver na casa unha Arca vella con restos de sementes moi miudas.  (En Valón aprox. 1930 *2)

    O Millo /Mijo/  xa o cultivaron os antepasados castrexos de Galicia, está documentado arqueolóxicamente. A construción dos primeiros hórreos vai unida ao cultivo do millo, moi anterior a chegada do maínzo. Murguía  (BRAG n.22) tamén nos aclara que co nome de pan de broa se entendía o pan feito de millo (antes da chegada do maínzo). O cultivo do millo/mijo en Galiza era moi parecido ao do trigo, se sementaba a primeiros de xuño e se recollía a finais de setembro cando o gran estaba maduro. Se segaba a man e se poñía en brazados que se levaban no carro para a eira; onde se mallaba a man cos mallos (pértegas). Logo se recollía a palla que se podía usar para alimento do gando (en palleiros) ou facer o esterco; e por último coa criba se limpaban e se aventaban os grans. O uso era en fariña e gran para alimentación humana e animal.

    O Millo  "Panicum miliaceum."  Planta anxiosperma monocotiledónea gramínea de tallo robusto e grao pequeno e amarillento, utilizada para alimentación humana e animal. O seu nome en castelán e "Mijo."  Hai diferentes  variedades. Non se debe confundir o "millo" co "maínzo=zea mays" mal chamado en algunhas zonas de Galicia "Millo" que e o verdadeiro nome esta especie tan diferente.

Nl.=Panicum miliaceum.  Ng.= Millo, Paínzo, Millo miúdo. Nc.= Mijo, Panizo

 

MURUXA. MORUXA, MERUXA

    E unha herba baixiña coas flores brancas como as margaritas pero máis pequenas, e unha mala herba (invasora), que sae as veces na terra onde se sementan os cereais por aquí a coñecemos co nome de Muruxa. E boa para depurarse e para os males da vexiga se toma  unha infusión feita con  dúas culleradas de follas dúas veces o día. E boa para darlle as galiñas éos paxaros. (*2)

    A Meruxa  nace no medio do trigo ou do maínzo  nos campos de cultivo de cereais, seca antes que o froito. As vacas non a poden comer porque failles dano. Non se poden botar as vacas a pastar polos campos onde medra ata que a Meruxa este seca, porque cando está verde  lles fai dano.  Meu pai cando as vacas comían a herba ía rapidamente a buscar un remedio que lle daba a comer para purgalas e curalas xa que lles producía diarrea. Tamén fai dano os coellos.

(En Covas-Ferrol, Anxela P. 1990)

    Hoxe apenas escoito falar da Muruxa. Herba moi coñecida dos campesinos en toda a Península i en Europa desde moi antigo. As follas son consideradas velenosas para os coellos. Tivo moitos usos tanto medicinais como alimentarios, pero ten as súas contraindicacións.   Está na lista de plantas de venta prohibida por ser tóxicas, -ORDEN SCO/190/2004, de 28 de enero: lista de plantas cuya venta al público queda prohibida o restringida por razón de su toxicidad. Ministerio de Sanidad.

NL. Stellaria media. L. Ng.=M/u/o/a/e/ruxa, Herba galiñeira, Herba paxareira, Orellas de rato.   Pamplina. Nc.= Ten máis dun centenar de nomes populares.

 

MUSGO. MOFO. CARRIZA. BRIÓNS. OURICELA

    O Musgo e moi abundante. Medra nos lugares sombríos e húmidos. Antigüamente era empregado para as feridas como cicatrizante, axuda a curar as feridas. (*2)

Nl.= Polytrichum.  Ng.= Musgo, Mofo, Carriza, Brións, Ouricela. Nc.= Musgo.

 

NÉBEDA

     A Nébeda ule moi ben, parecido a amenta algo máis suave, medra no camiño da costa do Regueiro que vai a Igrexa de Doniños por alá hai moitas herbas, coñecidas é unha zona moi frondosa, que antigamente era todo un souto, e non había ningún eucalipto e apenas pinos, todo eran castiñeiros,  carballos, ameneiros, bidueiros, salgueiros, loureiros, sanguiños, xestas, e outros arbustos. A Nébeda se usaba como condimento e boa en infusión para as malas dixestións e os catarros, e as súas follas machacadas axudan a cicatrizar as feridas. (Ramón Graña en 1970 *2)

Foto 4. Nébeda
Foto 4. Nébeda

     Inxustamente esquecida esta pequena herbiña foi moi utilizada antigamente en Galicia, como condimento na cociña: para cocer as castañas como o fiúncho, para facer os chourizos, morcillas, patacas cocidas, tortillas, ou mesturada coa fariña para facer tortas, bolos e filloas. Estaría ben que a cociña galega recuperara esta herbiña que foi tempo atrás considerada a "Herba Boa Galega." Úsase igual que o ourégano as follas e as polas. Aos gatos lles  gusta refregarse nela din que é excitante e aluciñóxena para eles. Hai varias herbas diferentes que lles producen os mesmos efectos.

Nl.=Calamintha nepeta L.Ng.= Nébeda, Néboda, Nepeta, Gateira,  Herba das aceitonas. Nc.= Calaminta, Nébeda, Nepente, Menta gatuna, albahaca de gatos,  gataria, gatera, hierba de los gatos, hierba gatera, mea-gatos, menta de gato,  menta gatuna, nébeda, nébida, etc.

 

NENÚFAR 

    Os nenúfares son moi fermosos sobre todo a súa flor adornando as ribeiras do lago de Doniños. Entre eles se crían os patos e outros paxaros. Tamén alí van os cazadores. (*2)

Nl.=Nymphaea alba L.  Ng.=Tapadeiras, Ambroiño de río, Nenúfar, Flor de Loto, Herba do aire. Nc.=Nenúfar, Flor de loto, Albahaca de limón, Albahaca de hoja ancha, Escúdete de río, Rosa de amor, Platos.

 

OUREGO. OURÉGANO

   Se cultiva moito nas hortas da casas, seu uso e fundamentalmente alimentario para condimentar  aromatizando as comidas.   Na casa sempre había un ramiño de poliñas colgadas boca abaixo; o usamos sobre todo para o adobo das carnes, coello, polo, chourizos, etc.

   O Ourégano en infusión e bo para os catarros, a garganta, a tos ea gripe.  (*2)

Nl.=Origanum vulgare L ssp. Ng.=Ourégano, Ouregao, Ourego, Urego, Aurogo,  Ouregue, Ourejau. Nc.=  Oorégano,  Orenga, Organo, Oriégano, Urégano, Uriégano, Uriéganu Furiégano, Mejorana silvestre, Oreganín.

 

ORTIGA. ESTRUGA

    E moi boa para  facer abono, se mete nun bidón se se deixa tapado durante un tempo, logo se lle bota como abono a terra pero cheira moito o botalo. Tamén se di que se pode comer cocida como a espinaca tirando a auga da cocedura e que é mellor que ela; e as follas ternas se poden comer en ensalada igual que a leituga e o botarlle algo de vinagre o picor desaparece. (*1) (*2)

    A Ortiga brava é a que nace no medio das pedras pica máis ca outra, se usaba para calmar a dor de reuma.  Se collía un brazado de ortigas e se daban uns golpes na zona afectada pola dor  éo enfermo tiña que aguantar , despois se frotaba por encima con alcohol. (*1)

     A Ortiga a usaba meu pai para o reuma dábanse uns ortigazos na zona dorida eu recordo

ver dalos no lombo e nos riles.  (En Mugardos Juan M.R. 1990)

    Para o reuma ou dor de  osos, machacar ortigas e darse friccios na zona afectada. Tamén  aplicar na zona un emplasto algo quente de ortigas mazadas mesturadas con vinagre e sal. Ou dar unhas fregas con tea de franela, de la, ou masaxes e logo dar golpiños con ortigas rematando con fregas de alcohol. Ou tamén simplemente darse ortigazos (unhas vareadas).

    Para a circulación coller ortigas frescas envolvelas nuha media ou gasa para que non piquen moito e refregar con elas toda a zona enferma que pode ser tamén en todo o corpo.

    Cando che pican as ortigas e bo botarlle vinagre ou auga moi fría. Tamén refregalas con amenta.

    Para baixar a febre e bo tomar o zume de ortigas recén collidas. Tamén refregar o lombo do enfermo de arriba abaixo con ortigas ata facelo suar. - Remedio dudoso.!

    Para curar unha torcedura se pon un emplasto na zona afectada, feito con ortigas machacadas mesturadas con vinagre e sal.  (*2)

    Hai dúas especies na localidade: Nl.=Urtica diodica e Urtica membranacea Poir. Ng.= Estruga, Ortiga, Urtiga, Ortega, Herba do cego. Nc.=Ortiga, Achune, Hierba del ciego.

 

ORTIGA MORTA. CHUCHAMEL

    Os Chuchameles todos os chuchamos algunha vez  de nenos cando nos atopábamos coas súas flores "Chupetes" de sabor doce, e relativamente abundante nas beiras dos camiños e arredores en tódalas parroquias.  E boa para axudar a cortar as hemorraxias das feridas e en infusión para a cistite. (*2)

    Herba perenne, comestible parecida a ortiga pero non pica, as súas flores teñen un sabor moi doce, as follas fervidas foron usadas en alimentación humana. Planta relativamente abundante medra en toda a Península. Gusta moito as abellas.   Nl.=Lamium maculatum. Ng.=Chupetes, Chupamel, Chuchamel, Chupóns, Ortiga/Estruga morta. Nc.=Lamio, Ortiga muerta.

PAÍNZO. PANIZO- Ver Millo. Mijo.

PAINZOTE. Non puiden saber de que herba se trataba. Sen localizar.  (*2)

    En Galicia  "Paínzo" e o nome galego antigo do Millo/Mijo/ Panicum miliaceum. Tamén se chama Paínzo a Setaria viridis (Almorejo, Panizo, Mijo menor).

 

PALLA REAL

    A Palla Real úsase sobre todo como adorno decorativo en xarróns e centros florais, as rechamantes espigas as veces se tiñen de cores. A  usan os fogueteiros como cana dos fogos; as varillas que de nenos nos gustaba recoller nas festas. 

    Esta fermosa planta adorna as ribeiras do río Xuncal-Esmelle, da Sardiña-Serantes, nos prados húmidos da Mariña (S. Xurxo), e en varios lugares sempre encharcados. Por aquí medran dúas especies, a Typha latifolia  ea Typha angustifolia.

 

PAN DE SAPO. COGOMELOS. PARAGUAS. SETAS

    Para nos en xeral o Pan de sapo é velenoso, e a ninguén se lle ocurriría comelo. As que aparecían negruzcas nos camiños os nenos sempre as pisaban para ver saír o po, o máis común era darlle unha patada. A nova afición de ir polos campos a recoller as setas comestibles antes por aquí non existía.  Se sabe que Galicia xunto con outras comunidades da Península era/é un país "micófobo"

 

PARIETARIA

    Tamén se usaba a Parietaria e non me acordo para que.  Hai unha planta que medra moito por aquí e que se pega na roupa.  (*1)       .   

    Para a dor de barriga cócense unhas follas de Parietaria e se toma a infusión. Tamén as follas  en infusión son boas para facer mexar e os males de ril. A Parietaria e boa para a inflamación das almorranas, as fisuras e para a dor de estómago. E unha herba que a comen moi ben as galiñas e os coellos. De nenos xogabamos pegándoa a roupa. (*2)      

    Abundante nos muros e nos bordes dos camiños de tódalas parroquias. Esta herba e moi coñecida e comestible como verza ou en puré. Hai persoas que son alérxicas a esta herba.

Nl.=Parietaria judaica L. Ng.=Parietaria, Paletaina, Palitaina, Paleiro, Ortiga mansa, Pegote, Herba dos muros, Herba das paredes. Nc.=Parietaria, Caracolera, Pelosilla.

 

Continuar leyendo el artículo: Etnobotánica. Herbas de uso tradicional e medicinal (Segunda parte) - II

 

Nota (*1): Tradición oral recollida en Covas por Juan López Hermida e o autor, de D. Ricardo Dacosta, ano 2003.

Nota (*2): Tradición oral recollida na parroquia de Doniños, década dos 70 (1970-80), da miña familia: avoa María-1891/1977, nai Fina, e sobre todo de meu tío Ramón G.-1915/2000 e de outros familiares, veciños de Valón, e varios lugares de Serantes. Todos nacidos no antigo concello de Serantes. Fotografías en terras de Serantes - o autor.

Nota: As herbas mencionadas van co seu nome latino científico, para que non haxa confusión da especie de que se trata, por si algunha persoa quixera identificalas en guías de plantas (aconsellable con fotos en color) ou por calquera outro método online. 

 

<< Volver