O Párroco preside a procesión de San Martiño, polos arredores da Igrexa Vella, hoxe ocupados polo camposanto.Atoparon un canón no mar, na zona de Sartaña. Disque foi para o Arsenal ... Disque o fundiron para colle-lo bronce. Disque ....1906. Os nosos maiores aínda mallaban ó brazo (ó pértego).
Facíalles falla moito ritmo para non se dar uns ós outros no pescozo con eses pértegos tan axeitados.Este era o ledo grupo das leiteiras que levaban a súa mercancía no alto do vello autobús para vendela en Ferrol. Hoxe non hai leiteiras. Case que non hai vacas.Estes son agunhos dos nosos paisanos que formaban a Xunta Directiva da Sociedade Gandeira, hoxe desaparecida.Non temos idea do ano. Á romería de Santa Comba viña xente ata de Lugo e de máis lonxe. A xente facía promesas, e os santos tiñan máis traballo que agora.O Párroco preside a procesión de San Martiño, polos arredores da Igrexa Vella, hoxe ocupados polo camposanto.
.
<< Volver