Miña nai, miña naiciña
¿onde vas con ese neno?
Vou a pedirlle cartiños
As estreliñas do ceo.
Leiteiriñas, as de Cobas,
¿onde ides co leite arreo?
Imos vendelo ó mercado
pra comer uns xureliños
xunto cos nosos filliños.
Carreteiriños de Cobas,
¿onde ides con eses bois?
imos buscar a madeira
pra facer carro bo.
Nenas fermosas de Cobas
¿onde ides cada domingo?
Imos levar os cartiños
para darllos os santiños.
Taberneira do bar Cobas
ten café con leite e zumes
e ten tamén un polbiño
pra xantalo cos amigos.
Pescador do mar de Cobas
que vas ao mar a pescar
para traer os peixiños
que hai no fondo do mar.
Con ese peliño rizo
que che baixa pola cara
y eses olliños que tés
es a máis guapa de España.
Corazonciño pequeno
¿onde vas polo camiño?
Voulles levar estas flores
para os nosos defuntiños.
As rapaciñas de Cobas
son lindas, traballadoras,
e teñen sempre un sorriso
que enamora a todo Cobas.