Un ano mais continuouse cos traballos de restauración da ermida de Santa Comba, contando como sempre coa colaboración desinteresada de varios veciños da nosa parroquia.
En traballos anteriores arranxouse o tellado, cambiando a uralita por lousa sobre unha nova estrutura de madeira. Este ano colocáronse uns listóns de madeira a modo de tapaxuntas dándolle o aspecto final o tellado.
Continuose subindo material para os traballos pendentes, que se irán facendo en anos sucesivos como son o chan e as paredes no interior.
Participantes: Juan Carlos López Hermida, José López Hermida, Pedro Cotovad López ,Angel Lorenzo, José Lorenzo Caneiro, Javier López Blanco, José Maria Sanesteban Souto, Abelardo Docampo Díaz, José Pazos Rey , Jaime