A ermida santuario de Chamorro está situada no antigo Concello de Serantes, na aba do monte, a unha cota de 174 m sobre o nivel do mar. Foi construída a carón dun afloramento de rochas de boas dimensións e probablemente nun primeiro momento foi unha pequena e humilde ermida que cristianizaba un lugar moi antigo (santuario prehistórico) de cultos pagáns realizados polos habitantes nativos de Serantes e a contorna.

O estudio topoastronómico de este lugar presenta unhas visualizacións interesantes, a parte dunhas excepcionais e extraordinarias vistas de toda a Ría Ferrolá. O horizonte NE-SO (Arco Decumano) e visible na súa totalidade, non así o arco do N-O porque a elevación do monte o impide. E de destacar a existencia de certos aliñamentos que van descritos a continuación.
O Horizonte visual é bastante regular abarcando os concellos lindeiros con Ferrol: Narón, Neda, Fene e Mugardos; non se aprecian fitos paisaxísticos e dicir grandes desniveis que destaquen e chamen a atención como podían ser altos outeiros, picachos, curutos, etc., quedando así descartada a elección de este lugar por tal motivo (Ver Fig.1).

Para esta latitude (43,50º) os Acimuts dos equinoccios (marzo 19/21 e setembro 21/24) con respecto ao norte, da saída e posta do Sol como é sabido están 90º/270º, e o solsticio de verán (20/21 xuño) a saída a 56,8º e a posta a 303º, é no solsticio de inverno (21/22 dec.) a saída 123º e a posta a 237º. As saídas e postas (orto/ocaso) teóricas son simétricas con respecto a Liña Meridiana N-S. Os ángulos (Azimut) de orto/ocaso están desprazados dos teóricos, xa que non están a nivel do mar; no horizonte real teñen unha pequena variación debido as alturas dos montes, refracción da luz, oblicuidade da eclíptica, etc.
A situación do Santuario se visualiza desde o Castro dos Pucheiros (Castro de Vilasanche). Desde este lugar a saída do Sol no solsticio de verán aparece na ladeira do monte no “Nordés”, xusto no lugar onde está a Ermida, de maneira que a localización do Altar Rupestre neste sitio non parece ser casual. Neste punto o Sol chega ao seu límite Nordeste, lugar no que “baila” (A Bailadora; da a volta cara atrás no seu curso anual) volvendo a partir de aquí, neste punto extremo, seu viaxe cara ao Este e Sureste. Marcando así o día grande do Culto Solar (A Porta do deus Jano, cristianizado como día de San Xoán). (Ver Fig. 2. e Fig.3)


Fig.3-B) - Vista ampliada da Ermida desde ese mesmo lugar e posición do Sol nacente.
A laxe onde están os gravados rupestres (petróglifos /círculos e cazoletas)1 preto da Ermida presenta unha superficie con lixeira inclinación, está orientada de cara a saída do Sol no solsticio de inverno (123º. Ver fig.4).
A carón desta laxe cara o Este existe unha arca (cámara funeraria megalítica) cuxas medidas interiores son: alt. 1,15 m, ancho 0,76 m, lonx. 1,10/1,35 m, construída aproveitando un oco natural (cova) que queda na base da gran rocha que fai de respaldo a dita laxe e que puido ter un enlousado de pequenas pedras de granito; a antiga tradición oral denomina este oco como Cova da Virxe e Cova dos Mouros/Cova da Moura —a Cristianización substitúe a Moura pola Virxe—. A esta arca fáltanlle as chantas que a formaban polo fronte. En liña coa arca e a laxe (monte abaixo) se destacan dúas penas, que parecen haber sido retocadas, rematadas en punta a modo de menhires (Ver Fig 7), e uns metros mais abaixo hai unha “furoca” (ou lagoa) probablemente como resto da destrución dun túmulo. Dita Arca presenta unha aliñación de moito interese xa que está orientada a saída do Sol nos equinoccios (Este 90º de onde ven a Luz “Ex Oriente Lux” ) marcando o inicio da a estación primaveral e a chegada do espertar da vexetación e a fertilidade da terra, e a súa vez a chegada do outono seguindo o recorrido do Astro Rei. O día do equinoccio (marzo 19/21 e setembro 21/24), “xusto” no momento da saída do Sol, os primeiros raios penetran de fronte na Arca (Cova) iluminando o interior da mesma (Ver fig.4, 5 e 6)

A Ermida de Chamorro non está situada ao Nordés de Ferrol senón cara o norte e oeste xa que en esta dirección está Xuvia (Santa Rita) e Narón (San Xiao). Pero sí que está situada ao “Nordés” de Vilasanche, Viladóniga, Valón a Cabana, a Graña e Brión lugares pertencentes ao antigo Concello de Serantes. E dicir que a localización da Ermida so é “Virxe do Nordés” para os habitantes destes lugares, os que mellor coñecían as “variadas lendas” do Santuario das que so dúas son mais populares por ser as recollidas por escrito, pero había moitas mais co mesmo valor etnográfico e antropolóxico transmitidas oralmente entre os veciños desde tempo inmemorable tras xeracións e que non foron recollidas. Desde o Porto de Ferrol, a Ermida queda xusto ao Norte e, viceversa, desde a mesma, a liña Meridiana (Sur culminación solar), pasa pola zona portuaria. A Ermida non está orientada como era tradición no cristianismo antigo E-O (90º), senón que seu eixo ten moita variación aprox. 68,5º con respecto ao norte, algo semellante ao que acontece con outras ermidas a de Santa Comba (Covas) que está a 52º do norte, San Cristovo (Brión) ou Virxe do Porto (Meirás). De todas formas dun centenar de igrexas da bisbarra de Ferrol hai moi poucas que teñan unha orientación exacta E-O (90º); sí que hai un grupo de aproximadamente un 30% que presentan un pequeno desvío duns poucos graos e o resto afástanse bastante de esta antiga orientación tradicional. A orientación das igrexas cristiáns cara o Este se mantivo durante a Idade Media, e no actual cristianismo oriental, pero no occidental "non" se ten en conta desde o século XVI (Reforma protestante e Contrarreforma católica). O que implica que actualmente cando se está diante dunha igrexa non podamos orientarnos correctamente e saber onde nace o Sol o día do Equinoccio “Sol Nacente" (nin a hora do Mediodía/ 12 Meridien/Sur)”, xa que desde o século III se identifica simbolicamente a Cristo Xesús como “Luz do mundo” e “Sol de xustiza” (Malaquías 4:2, Lucas 1:78 e Xoán 8:12). Ademais unha igrexa perfectamente orientada (E-O) como os "templos antigos" nos sitúa no universo (espazo e tempo —puntos cardinais— mediodía) simplemente observando onde está situado o Sol, e por onde sae sabendo o día en que nacen a primavera e o outono (calendario) e a hora do mediodía (reloxo de Sol-tempo verdadeiro) e que algunhas igrexas en Europa aínda conservan gravadas no chan a liña Meridiana (Liña Rosa) para determinar o Toque do Anxelus/AveMaría cando o raio de sol a ilumina. Xa que como é sabido as 12h. que marca o reloxo de pulseira non son as 12h do mediodía verdadeiro (verum tempus) cando pasa o Sol pola liña Meridiana (12h Mediodía = Hora Sexta no Reloxo de sol). Hora de "xantar" e despois botar a "siesta" (h.sexta) . ... y allí estaba el pozo de Jacob. Entonces Jesús, cansado del camino, se sentó junto al pozo. Era alrededor de la hora sexta. (Juan 4:6). Na medida do tempo antigamente as horas mais importantes do día eran o Orto, o Ocaso e a hora Sexta (12 do Mediodía).
A lúa, o Equinoccio a Resurrección e a Pascua
Ó ser o santuario de Chamorro un lugar de culto prehistórico (Altar Rupestre) o normal e que se celebraran os rituais propios de esta época na data mais significativa do calendario agrícola e que se conservou a través da Idade Media. Nos últimos dous milenios houbo en toda Europa varios calendarios para medir o ciclo temporal anual; os que mais influencia tiveron foron os calendarios romanos, desde o mais antigo coñecido, o Calendario de Rómulo (750 a.C /calendario lunar de 10 meses e 304 días, xa que os dous meses de inverno non se contabilizaban) comezaba o ano no mes de marzo (mes do Equinoccio) en honor ó deus Marte (divindade da guerra pero que anteriormente fora a divindade agraria, que representaba o renacimento e renovación da vexetación).

Fig. 5-B) Saída do Sol (orto) o día do Equinoccio de Primavera entrando na Arca/Cova (reflexado nun espello) aliñado co eixo da Arca. Fotografía do 20 de marzo de 1997
Esta data de marzo procedía do culto a antiga divindade romana, deusa da natureza, da renovación das estacións, relacionada coa Lúa, a que proporcionaba os alimentos, Anna Perenna (per annum) do ciclo anual "anel do ano" que marcaba o "inicio do ano na primeira Lúa Chea do mes do Equinoccio de marzo" que se celebraba nos idus de marzo (15 de marzo). Así marzo era considerado o primeiro mes do ano. Posteriormente , o rei Numa Pompilio (700 a.C) o modificou engadindo dous meses, xaneiro e febreiro (deus Jano/Ianuarius e februum /purificación) quedando o ano con 355 días, seguindo os desaxustes ata a chegada de Xulio César (100 - 44 a.C) que o modificou e implantou o calendario de 365 días e 6 horas (365,25 días) cunha melloría notable, poñendo o inicio do ano o un de xaneiro en lugar do 1 de marzo.

Foi unha decisión político militar por ser esta a data en que os cónsules tomaban posesión dos seus cargos. Pero os desaxustes no calendario seguiron, xa que a duración real é de 365,2425 días, variación que fixo que co paso dos séculos o Equinoccio do 21 de marzo se celebrara o día 11. Foi no século XVI (1582) cando o Papa Gregorio XIII coa axuda de matemáticos e astrónomos (Cristóbal Clavio e Luís Lilio) corrixiu e modificou o calendario que é o que se usa actualmente (Calendario Gregoriano) .
Este breve resumen anterior ven ao caso para explicar que aínda que a data do un de xaneiro proposta por Xulio César (100 - 44 a.C) como principio do ano, non foi moi popular nin respectada, xa que moitas poboacións en toda Europa seguiron utilizando o calendario agrícola-relixioso celebrando o mes de marzo (Primavera, Renacimento vexetal, Equinoccio e primeira Lúa Chea) como principio do ano, ata a recente adopción do Calendario Gregoriano (1582) que respectaba o comezo do ano de Xulio César no unde xaneiro e que os países foron adoptando pero moi progresivamente.

Un exemplo é o seguinte na Edade Media, se aboleu a data do un de xaneiro como Ano Novo e se volveu a celebrar o 25 de marzo, coincidindo co Día da Anunciación cristiana. Os cristiáns non estaban moi de acordo en que o principio do ano estivera dedicado a un deus pagán como era Jano (Janus/Ianus/ xaneiro) o deus que abre a Porta do Ceo do ano novo no Solsticio de Inverno, tamén relacionado co Sol Natalis Invicto romano. A data da celebración da romaxe de Chamorro (Virxe do Nordés - V. Mater) é o Luns de Pascua, data cristianizada pero moi relacionada co antigo calendario agrícola-relixioso que se iniciaba no mes do equinoccio de primavera en marzo. Foi no ano 325 do Concilio de Nicea cando o cristianismo católico occidental acordou a celebración da Pascua. Así o Domingo de Pascua de Resurrección se marca como o domingo inmediatamente posterior a “primeira Lúa Chea" despois do "Equinoccio de marzo," no inicio da primavera (herdanza cristián da tradición hebrea pero influenciado polo antigo calendario agrícola relixioso pagán), e ademais se fixa a data do 21 de marzo (equinoccio) para dito inicio. Data que non sempre e coincidente coa astronómica que varía entre os días 19, 20 e 21 de ese mes. Para o cálculo de este día e imprescindible coñecer os Ciclos da Lúa e do, Sol a Roda do Ano. Esta data do antigo calendario agrícola do comezo do ano da renovación e renacimento da natureza procede do neolítico, manténdose vixente a través dos séculos por un proceso de longa duración, e estaba ben asumido nas diversas relixións dos pobos desde os tempos mais arcaicos; e o cristianismo non é a excepción. Pero ademais en esta data do mes de marzo (Equinoccio de primavera, renacemento da vexetación) houbo moitas sociedades (culturas antigas) en que se celebraba o "Día da Creación do mundo" por diferentes divinidades, unhas saídas do mar, da escuma das ondas, outras dun Ovo Primixenio, da Gran Serpe Cósmica, outras crean da terra (barro), da madeira, das árbores, ou por descendencia de algún animal totémico, etc. Chegaron ata a actualidade algúns símbolos da Creación e do Ciclo temporal na celebración da Roda do Ano, como son as roscas e ovos de Pascua, as rosquillas, as filloas, que nos países eslavos representan o Sol da primavera, e varios rituais celebrados en estas datas, como por exemplo luminarias, ou a queima do espantallo (meco) da Vella ou Vello, que representan simbolicamente a morte e o remate do Inverno para dar comezo ao nacemento do novo Ciclo anual.


Etnografía
Este lugar, un pequeno rechán na ladeira do monte, onde con toda probabilidade existía unha necrópole prehistórica, e un altar rupestre destruído coa localización da ermida durante a cristianización3 de lugares de culto pagáns, onde en determinadas épocas do ano se celebrarían rituais relixiosos, ou máxico-relixiosos, constitúe unha paisaxe Sacra, dado o conxunto de elementos que o forman: unha fonte de augas milagrosas e salutíferas (fonte santa), unhas rochas que na prehistoria recente configuraban un Altar rupestre de vellos ritos de crenzas prerrománicas, a carón dunha necrópole (arcas/dolmens) ben documentada, unha ermida e un cruceiro, cristianizando todo o conxunto. Hai constancia na tradición oral de que antigamente en épocas de seca se lle pedía que chovera a Virxe do Nordés , sacándoa da ermida en procesión ata a fonte na que se mollaban cun pano os pes e a cara da imaxe como en outros lugares de Galicia, onde tamén as veces se somerxían nun río ou fonte os pes ou a imaxe da Virxe ou Santo/a. Tamén os mariñeiros e mariños invocaban a súa protección.
Son varias as lendas que fan referencia en Chamorro a unha Cova baixo as rochas que foron cristianizadas coa Ermida mencionando que a nena Virxe se resgardaba na Cova ou que a súa imaxe se aparecía baixo a Pena, entre as rochas ou reflectida na fonte. En Galiza é común denominar como “Cova” a unha Arca/dolmen, cámara dun túmulo funerario, que abondan por todo o territorio. Como é normal, nestes lugares, necrópoles e santuarios prehistóricos nos que había un conxunto de túmulos (Arcas) hai folklore de “mouros”, habitantes antepasados e do mundo subterráneo (mundo dos defuntos- necrópole) que aquí está combinado coa existencia de culto a un Numen loci feminino que se manifesta na aparición da imaxe da Virxe e que a tradición oral conservou por un proceso de transmisión de longa duración desde a prehistoria recente. A tradición local desde moi antigo e moi clara:
—Aí arriba en Chamorro viviron os mouros
—A imaxe da Virxe a esconderon alí para que non a levaran os mouros
—Antes se dicía que os mouros estiveran aí arriba no monte.
E tamén:
—... a nena un día desapareceu para sempre e quedou “gravada na pedra a súa cara"...
—... uns veciños de Serantes que andaban co gando pastoreando no monte viron que algo había (ou relucía) enriba dunha pedra e ao acercarse viron que era a Virxe (de Chamorro), e ela lles deixou “unha imaxe” súa e lles pediu que ergueran nese mesmo sitio unha ermida —Cova— nas pedras de Chamorro
—... uns pastores andaban polo monte, atoparon nun “furado /cova” baixo unha pedra a imaxe da Virxe (de Chamorro)” ...
—Un pastor que estaba no monte quedou ferido e comezou a baixar ata chegar a unhas penas; vendo que xa non podía máis caeu enriba dicindo: —¡Xa morro, xa morro.! Nese momento veu “ unha imaxe pequena da Virxe na Cova que había entre as penas”
—Dentro da Cova se escondía a Virxe. —A Virxe se apareceu en tres sitios, un na fonte, outro na Cova preto da ermida e outro baixo a rocha que está dentro da ermida.
Outras versións din:
—... después de un día de mucho viento y fuerte lluvia, se vio sobre el monte una “gran llamarada” en forma de Arco Iris... Llegados a la cumbre, los niños mostraron una de las rocas más grandes del monte, donde estaba” grabada”, en la forma en que aún es visible hoy, “la imagen” de la Virgen... Y delante del asombrado auditorio, explicaron cómo había “bajado de los cielos”, en el medio de la lluvia, María Santísima con su hijo, y cómo había estado sentada en aquella roca hablando con ellos. —... apareció sobre la roca (unha imaxe) una Virgen con el niño ... La bajaron en procesión a Serantes, pero con pasmo comprobaron al día siguiente que la imagen había desaparecido y la encontraron de nuevo entre las rocas del monte de Chamorro. “Dedujeron que era en el monte donde quería estar.” —... As veces a súa imaxe se aparecía reflectida na auga da fonte (mitema propio da Moura, a Dona, a Xana e as Encantadas).
A lenda dos pastores é idéntica a moitas outras na península Ibérica, froito da cristianización de cultos pagáns como por exemplo o da Virxe do Corpiño:
—De repente, se vieron envueltos en una “misteriosa claridad,” y pudieron distinguir la figura de la Virgen, con el Niño Jesús. ... pero no se creyeron su relato, hasta que las apariciones se repitieron, y todo el pueblo pudo comprobar que en aquella “claridad, en la que aparecía la imagen de la Virgen,” había una “vieja sepultura,” donde descubrieron el “corpiño” incorrupto del santo ermitaño.
Un estudo de Vicente Risco termina dicindo que:
—las apariciones y la recuperación del “corpiño” se produjeron en un mes de junio (Solsticio de Verán) de mediados del siglo XII. Las fiestas grandes del santuario se celebran el 23 y 24 de junio. (web: 15 Santuarios de Galicia). Sería interesante estudiar a arqueoastronomía de este lugar.
Unha lenda moi coñecida e arraigada desde antigo nas familias de Serantes, da que se coñecen varias versións, é a da moza preñada que por determinadas circunstancias (a botan da casa) ten que parir no monte (Cova) de Chamorro; isto ten unha clara conexión con antigos ritos de fertilidade no Santuario prerromano. Hai que indicar que outra das lendas relaciona este lugar cos defuntos, xa que na Ermida se celebra un día de madrugada unha misa, A Misa de Defuntos, e as persoas que asisten son nin mais nin menos que os defuntos (espiritos) que se recoñecen por ser veciños de Serantes xa fai tempo desaparecidos; un mitema ampliamente coñecido na etnografía.
Castro dos Pucheiros (Montiño Mouro, Souto Mouro, Castro de Vilasanche): Se dicía que no Castro viviron os mouros e había enterrado un tesouro; foron algúns veciños a cavar e encontraron algo de moito valor, pero non dixeron o que era, nin o que fixeron con iso; o mantiñan en secreto pero se dicía que o venderan e que ganaran moitos cartos. Por todas as terras do Castro aparecían moitos cachos de pucheiros, nos tiñamos alí unha terra que logo vendimos. Cando eramos nenas/os os maiores non nos deixaban ir a xogar por alí, estábannos prohibido, porque podían aparecer as meigas (encantos), e na fonte que está preto, se aparecía unha galiña con pitos que tamén dicían que era un meigallo. Sempre aparecían moitos cachos de pucheiros ao traballar as terras. (Trad. oral en Vilasanche e Viladóniga, unha veciña maior de 80 anos. Igualmente en Valón 1975). As lendas de tradición oral e algúns ritos do Santuario de Chamorro están recollidas na revista cultural Columba nº14 (2014).
Como podemos ver a tradición oral é moi insistente e reiterativa na visión da aparición da “imaxe na pedra”, encontrada ou escondida “nunha Cova” (para que á nena Virxe os que pasaran por alí non a viran). Se deduce que debaixo da Pena Encabalgada que está dentro da ermida non hai espazo para esconderse e quedaba moi a vista, así que o lugar do escondite era outro, unha Cova /Arca (cámara megalítica) que reúne as condicións para que agochada non a viran e que sería a que está baixo a gran Pena ou algunha das arcas desaparecidas.
Si reinterpretamos estas lendas (mitema) claramente cristianizadas podemos deducir unha narrativa que é un intento de desviar antigos cultos nativos arcaicos “transferindo” estas crenzas na “aparición da Virxe” ou localizando un habitáculo dun ermitaño ou santo/a como en outros lugares; e substituíndo un “Numen loci” como puidera ser unha Deusa Nai asociada ao culto agrícola na primavera no renacemento da natureza e fertilidade da terra e a un Culto Solar; a imaxe Solar /resplandor relucente /llamarada/Arco Iris, así como os grabados circulares nun Ara rupestre o parecen indicar. A Cova (Arca/dolmen/necrópole) nas entrañas da Terra, tamén é característica da prehistórica Deusa Nai que recibe os seus fillos ao final da súa viaxe cara ao Outro Mundo intraterrenal —o retorno ao útero materno; na prehistoria o defunto aparece enterrado en posición fetal.
É coñecido que antigamente a Virxe do Nordés (Chamorro) gozaba de gran sona i era visitada por moitos romeiros de fora da localidade4 ; era protectora dos mariñeiros, benefactora de diversos males, a quen se lle pedía de todo (como a Deusa Nai) pero, sobre todo, a choiva para propiciar a fertilidade da terra en momentos críticos de seca; costume que se herdou desde moi antigo en este santuario. O estudio do santuario de Chamorro chamou a atención de historiadores e estudosos da arte tempo atrás, pero non desde o punto de vista da etnografía. Conclusión.
A destrución masiva de dolmens (Arcas), medorras (túmulos) e menhires (pedrafitas) levada a cabo antigamente2 no monte de Chamorro (e por tódolos montes do antigo Concello de Serantes) para proverse de pedra na construción do Estaleiro, o Arsenal, o barrio da Magdalena, a Ermida/Igrexa, obras veciñais, etc., fixo desaparecer as construcións en pedra da prehistoria recente e as posibles marcas de orientación do calendario estacional agrícola que puideran haber existido; referencias que actualmente descoñecemos, xa que é sabido que as entradas dos dolmens, altares rupestres, santuarios, crómlechs, etc, maiormente diríxense cara o arco da saída do Sol nos Solsticios e Equinoccios, e o que se ve actualmente é soamente orientador. A elección de este lugar para a localización do Altar Rupestre (Santuario prehistórico) non está de todo clara, aparte da elevación que ofrece un completo “control visual” da paisaxe e da abundante disposición natural da pedra de granito, puidera ser debido a que este lugar está no “Nordés” do Castro de Vilasanche xusto na liña do “Solsticio de Verán” onde se sitúa este afloramento de rochas cristianizadas coa ermida e cruceiro. Todo parece apuntar a unha hierofanía Solar e Telúrica, posible culto solar do Astro Rei cos raios entrando no interior da Nai Terra en este determinado punto da aba do monte; a orientación ao Nordés do Castro dos Pucheiros e a dirección “equinoccial” da Arca (Cova) así o parece indicar (Ver Fig. 5 A e B). A antiga divinidade Xea (Terra/ Deusa Nai/Virxe cristiana) creadora da vida e da fertilidade concentra en si mesma moitos atributos: benefactora, protectora, fertilizadora, sanadora, salvadora, etc. e sobre todo é a que acolle no seu seo aos defuntos para que renazan nela. Non hai aquí un culto as pedras, senón ao Numen Loci que se agocha nelas. Este culto moi anterior ao cristianismo dou lugar a unha cristianización temperá coa interpretación dun simil como a “aparición da imaxe resplandecente” (Sol -Virxe) en estas penas. Noutros lugares, este mito solar, esta Dea antiga dos Solsticios, se manifesta como A Encantada, A Dona, A Moura (de loiros cabelos), Xana, Atalaia, A Vella, ou como no Pais Vasco a Deusa Mari. A Vella controla os elementos naturais, o tempo, o Arco Iris (Arco da Vella/Circo da Vella/Ponte da Vella) e un dos seus atributos é traer a choiva: Que llueva, que llueva la Vieja está en la cueva / Que chova que chova A Vella está na Cova, expresión orixinal da antiga e Vella Deusa Nai antes de cristianizarse (la Virgen de la Cueva), este Gran Espírito Feminino, este ser mitolóxico prehistórico. A Pena de Chamorro está dentro das rochas (Sacra Saxa) clasificadas como Pedras Numínicas5 . Probablemente o nome “Virxe do Nordés” proceda da cristianización deste Numen Loci feminino, así como a denominación da ladeira do monte de Chamorro como “A Bailadora” ,lugar onde o astro solar retorna.
Toponimia da contorna do monte de Chamorro
Desde este lugar, o Castro dos Pucheiros está a 1,4 Km; a Igrexa e cementerio de Serantes a 750 m; o Castro de Vileda a 1,8 Km e o Río de Aneiros e Río da Sardiña a 700 m.
Toponimia: Agullón (de Abaixo e de Arriba), A Bailadora, Pena Longa, O Murallón, Fonte de Chamorro, Costa de Chamorro, Cortiña das Mariñanas, Palmeira, Peizás, Pico do Ouro, Corzo, Coviña, Petouto, O Casal, Rocas de Alla, Campo Redondo, Peizás (de Abaixo e de Arriba), Monte Novo, Campo Sequeiro, Chousas, Chousas de Aguillón, A Costa, Feal, Regueiro de Feal, Bidueira, Loureiro, Campo da Pulga, Campo Redondo, Monte de Chamorro, Monte Reizas, Monte de Pedroso, Monte Mehá, Serantes, Serantellos, Os Currás, A Malata, Viladóniga, Vilasanche, Río de Carballo Mouro, Pena Perriña, e Pico da Xesta.
Situación: Lat N. = 43° 30’ 27.503” (43,50º) , Lonx. O. = 8° 14’ 43.401”
Arqueoastronomía. Breve reseña histórica.
A Arqueoastronomía estuda como os pobos de culturas do pasado (proto/prehistórico) se relacionaban e concibían o ceo e os astros e interactuaban na paisaxe entendendo esta como terrestre e celeste. Como nova disciplina se inicia en Gran Bretaña no século XVIII co anticuario William Stukeley (1740) éo arquitecto JohnWood (1740), estudando a orientación dos monumentos megalíticos, aos que lle seguirán un grupo de destacados autores como o astrónomo Sir Norman Lockyer (1836-1920) considerado o pai da arqueoastronomía científica, fundador-editor da prestixiosa revista Nature 1869 -1920, autor de The Dawn of Astronomy (1894) que realiza un análises astronómico da orientación de templos exipcios, gregos, e de Stonehenge. De novo a arqueoastronomía toma impulso co enxeñeiro Alexander Thom, profesor de Enxeñería da Universidade de Oxford aficionado a arqueoloxía, que utiliza o método científico ben razoado, de conclusións sólidas, Megalithic Sites in Britain. Thom A. (1955 - 1967). Oxford. A gran popularidade non se alcanzaría ata que o astrónomo Gerald Hawkins (1963, 1964) realizou estudios no monumento británico de Stonehenge (Stonehenge Decoded. Hawkins, G. 1976), no que presenta varios aliñamentos solares e luares e expón a hipótese dun funcionamento como mecanismo de predición de eclipses.
Incomprensiblemente coa facilidade de intercambios culturais internacionais de estudios en diversas materias xa desde fai mais dun século, non se comprende que desde seu nacemento (1740) a arqueoastronomía tardara tanto tempo en chegar a Península tanto a afeccionados como a universitarios xa que todos os autores foron “autodidactas afeccionados” pois esta disciplina “moi atractiva,” desafiante (o intentar descifrar o que non quedou reflectido en documento de ningún tipo) e algo complexa, nunca estivo regrada en colexios nin universidades. Na actualidade si que estamos asistindo a unha divulgación moi acelerada en diferentes universidades. O primeiro traballo e publicación na Península ben da man do profesor británico Michael Hoskin que estudou os Monumentos Talayóticos de Baleares (Taulas and Talayots,M. Hoskin 1985), e dedicou unha gran parte do seu tempo a estudar a área meridional da Península Ibérica, Dólmenes de Antequera, Menga, o Romeral, os Millares (Almería), etc. Tumbas, templos y sus orientaciones: una nueva perspectiva sobre la Prehistoria del Mediterráneo (M. Hoskin 2001). Así mesmo a primeira publicación realizada por autores españois corresponde a universidade de Salamanca, a profesora Emilia Mª Socorro López Plaza coa colaboración dun astrónomo estuda a orientación de quince dolmens con corredor da área occidental peninsular, (Aplicación de la Astronomía en el estudio de la orientación de sepulcros megalíticos de corredor en la zona noroccidental de la Península Ibérica, 1991). A partir de este momento se incorporan a esta materia arqueoastronómica un bo número de destacados autores que estudan diversos tipos de xacementos arqueolóxicos. Entre os que cabe mencionar o equipo do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) e un dos membros mais activos e destacados, o profesor Juan Antonio Belmonte Avilés con varios títulos publicados un deles: Las Leyes del Cielo. Astronomía y civilizaciones antiguas,1999.
Un dos seus comentarios:
“En realidad, el tan cacareado carácter interdisciplinario de la arqueoastronomía se debe a la necesidad de dominar una serie de técnicas difícilmente accesibles a los antropólogos, arqueólogos e historiadores, como son la astronomía de posición o la mecánica celeste, cuyas bases epistemológicas, al igual que las del método científico, o herramientas básicas (como la trigonometría esférica), estos especialistas en su mayoría desconocen.” “De la Arqueoastronomía a la Astronomía Cultural.” Juan Antonio Belmonte Avilés. En Boletín de la SEA, número 15, 2005-2006. Doctor en Astrofísica, astrónomo en el Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) e investigador de exoplanetología, física estelar y arqueoastronomía.
Actualmente conviven en estes estudos varias terminoloxías que se interrelacionan e se complementan como son: Ciencias Sociais, Astronomía cultural, Arqueoastronomía, Astroarqueoloxía, Etnoastronomía, Topoastronomía, Antropoloxía da Astronomía, Astronomía prehistórica, Historia da Astronomía e Arqueoloxía da paisaxe.
Notas
- “Aporte sobre vellos cultos no Monte de Chamorro”. Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos. En Anuario Brigantino 1996, nº 19.
Os gravados rupestres de figuras circulares en Galicia están catalogados entre 500 a.C. (Idade de Ferro) e 1200/1700 a.C. (Bronce inicial). Historia de Galicia, X. R. Barreiro, F. Carballo, A. López Carreira e Felipe Senén. Páx. 41. ↩︎ - En las alturas de Chamorro cerca de Ferrol se conservan aun hoy, " los restos de dos hermosos dólmenes," perfectamente caracterizados uno de los cuales se ha destruído hace poco para invertirlo en las obras de fortificación de la plaza. El otro bastante menos deteriorado, conserva todavía en pie sus dos pilares, que se compone de dos o tres grandes rocas sobrepuestas, midiendo el del E unos 2,90 m y 3,56 el del O, distantes entre si 0.94 cm según puede verse en la descripción que hemos publicado hace poco tiempo en uno de los periodicos de la localidad. (El brigantino 19 y 22 Junio de 1867) Estudios sobre la época celta de Galicia. D. Leandro Saralegui y Medina. Ferrol 1867, Ed. Taxonera). páx. 188.
Tal es el aspecto que a primera vista ofrece las alturas de Chamorro, en las inmediaciones de Ferrol, donde hace muy poco tiempo hemos tenido la ocasión de ver "varias rocas clavadas en punta," y los restos de dos hermosos "dolmenes" destruidos recientemente, según el testimonio de personas para nosotros muy dignas de crédito, por diferentes conceptos. (Estudios sobre la época celta de Galicia. D. Leandro Saralegui y Medina. Ferrol 1867, Ed. Taxonera) páx 175 . ↩︎ - Saralegui y Medina apunta un paralelo curioso respecto de las piedras de la Barca (Muxía) en la ermita de Chamorro, inmediata a Ferrol, la cual está construida sobre un monte, encima de una piedra semejante (piedra oscilante) a la que ya acudían los romeros en el siglo XVII; y como se trata de un monte áspero y escarpado, sin memoria de población antigua, le sugiere la idea de la aplicación del sistema adoptado por la Iglesia para eliminar de los lugares de antiguas supersticiones las viejas creencias, sustituyéndolas por la nueva fe. (Etnografía Galega, F. Bouza Brey, 1982, páx. 217.
A igrexa que loitou rexamente co estas prácticas pagás, cristianizou algunhas, chantando enriba cruces ou erguendo ermidas, como en Muxía ou en Chamorro (Serantes), onde se supón que a peneda que sirve de asento a capela foi pedra de embade por ter a imaxe da Virxe gravada na base da pena sobranceira. Ritos y Creencias Gallegas, Xexús Taboada Chivite 1982, Ed. Salvora, páx. 169. ↩︎ - Cerca de la cima de la elevada montaña que domina la ciudad de Ferrol por el Norte, se ve una ermita sencilla donde se venera una imagen (...) Esta imagen que atrae la general devoción de todo el país se conoce con el nombre de Virgen de Chamorro. No es posible adivinar el verdadero origen de la advocación que distingue a este santuario... —sigue dicindo que o Padre Sarmiento cre: ¿si Chamorro vendrá de Clamore?; e que en 1666 os veciños de Serantes din que: había largos tiempos que concurrían muchas gentes a visitar la imagen cuya figura tiene que excitar necesariamente la curiosidad.
La virgen de Chamorro puede decirse que es "la protectora del país, y todos los naturales presentes y ausentes," le piden consuelo en sus tribulaciones. Cuando la sequía o los temporales comprometen las cosechas, las corporaciones, acompañadas del clero, acuden a implorar su intersección. Así lo hizo la antigua villa de Ferrol en 1628.... Historia y descripción de Ferrol José Montero Arósteguí, 1858.(páx. 413-414). ↩︎ - Las peñas numínicas, de numen, espíritu, se identifican por ser el lugar de morada de la divinidad, pues eran la materialización visible del espíritu o ser sobrenatural que habita en ellas y que era la divinidad custodia del lugar y de las riquezas del entorno, una creencia ancestral mantenida hasta hoy día en muchas tradiciones míticas, mitos y leyendas locales y comarcales, que recuerdan ese carácter sobrenatural. Piedras Sagradas de Extremadura (Sacra Saxa). Guía turística. Edita: Red Extremeña de Desarrollo Rural. https://www.redex.org/. ↩︎
Bibliografía consultada
—De Stonehenge a la Cosmología contemporánea. Nicolás Copernico. Fred Hoyle. Edic. cast. 1976, AE.
—Stonehengue en el umbral de la historia. Chirstopher Chippindale. Nuestro Pasado. 1989. Edic. Destino.
—Diseño y Construcción de los Relojes de Sol y de Luna. Métodos Gráficos y Analíticos. Rafael Soler Gayá. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos. 1997.
—Astronomía, Nautica y Navegación. Moreu Curbera. Martínez Jiménez. 1966.
—Wikipedia.
Ferrol marzo de 2023