Exposición no Concello de Pontedeume sobre ás escavacións arqueolóxicas en Santa Comba
08/04/2011
O venres, día 8 de abril de 2011 ás 19:00 H., a Asociación Cultural Ardóbriga inaugura na casa da cultura do Concello de Pontedeume a exposición elaborada pola Sociedade Cultural Columba sobre as escavacións arqueolóxicas en Santa Comba, concretamente na chamada Illa do Medio ou da Santa
A apertura da exposición será a cargo de José López Hermida, presidente da Sociedade Cultural Columba na Sala 1 da Casa da Cultura do Concello de Pontedeume, permanecendo aberta ao público hasta o 10 de abril
A exposición consta de unha serie de paneis onde se poderán ver os achados e unha breve explicación dos mesmos.
Tamén poderemos seguir a evolución da restauración que se ven levando a cabo dende 1998.
O xacemento
A praia e Illa de Santa Comba pertence a parroquia de San Martiño de Covas, que está situada na parte setentrional do Concello de Ferrol.
O xacemento de Santa Comba atópase situado sobre o espazo desunido dunha antiga península que dividía as praias de Santa Comba e Ponzos. Espazo dividido pola acción erosiva do mar e onde se distinguen tres pequenas illas.
Santa Comba se cataloga como xacemento arqueolóxico no ano 1995, asignándolle unha adscrición cultural de xacemento castrexo e medieval.
Os achados
Restos de osos de animais, cunchas, espiñas de peixe, cerámica e ósos humanos
E de destacar o achado do primeiro forno para a obtención de ferro de Galicia.
A restauración
Outra das actuacións, que se ven realizando na illa dende 1998, é a restauración da capela de Santa Comba.