Exposición no IES Saturnino Montojo sobre ás escavacións arqueolóxicas en Santa Comba e a recuperación do seu entorno

12/04/2011

O día 12/04/2011, o IES Saturnino Montojo organizou unha exposición sobre o patrimonio da comarca de Ferrol, e máis concretamente da parroquia de Cobas, tivemos ocasión de escoitar unha amena charla que impartiu D. Xosé López Hermida, presidente da Asociación Cultural Columba, de Cobas, que amablemente cedeu a exposición temporal sobre os traballos de excavación e conservación do patrimonio desta parroquia.
D. Xosé López explicou a importancia do noso patrimonio, tanto o material como o inmaterial e o traballo fundamental que desenvolve na sociedade, asociacións como Columba para conservar a memoria do pasado, divulgar o patrimonio e contribuír  a súa conservación.
Os alumnos de 1º da ESO amosaron unha enorme curiosidade pola labor desenvolta pola Asociación Cultural Columba

Preme na ligazón para ver as imaxes da exposición que se amosaron no centro.