IV Volta ó Cabo Prioiro de Cobas

19/08/2017

 

A Sociedade Cultural Columba xunto coa Asociación Mestura organizan a IV Volta a pé ao Cabo Prioiro

Distancia aproximada de 13,5 Km con unha dificultade media-baixa
Saída sábado 19/08/2017 ás 10:30 do aparcadoiro de Santa Comba, pasando polo Porto, 2ª Batería, Faro, 3ª Batería, 6ª Batería e volta pola estrada da Cova para rematar no aparcadoiro da Praia de Santa Comba

Asistencia libre

Hora aproximada de chegada as 14:30 horas

Opcionalmente, no restaurante Beceiro poderá comerse un churrasco o prezo de 12,5 euros (Churrasco, cachelos, ensalada, criollo, xeado, bebida e café)

Para apuntarse á comida:
      616393125 - 653526167
      correo@sociedadecolumba.com

 

Máis detalles en: IV Volta ó Cabo Prioiro de Cobas