O Grupo de Teatro Columba estrea “Os vellos non deben namorarse”

17/05/2008

17 de maio ás 20:00 h
Local social da A.VV de Covas

 
grupo de teatro Columba estrea a obra Os vellos non deben namorarse. Obra orixinal de Alfonso R. Castelao e dirixida por Helga Méndez.

Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, quen logrou plasmar nela un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literaria dramática galega, a popularidade desta fermosa peza non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941.
 
Conta a historia de 3 anciáns que se namoran demasiado tarde de mulleres moitísimo máis novas que eles e que o final morren en diferentes circunstancias. O primeiro é un boticario que rolda a unha pelandrusca e termina suicidándose cando cae na conta de que nunca a conseguirá, o segundo é un fidalgo bébedo que é enganado para deixar todo o seu diñeiro á moza e que morre no medio dunha borracheira o terceiro é o menos malo dos tres e que ao final morre de felicidade.

A obra remata xuntándose os tres no cemiterio onde se contan as súas penas e terminan por concluír "Isto pásanos por namorarnos de vellos".

Reparto
Don Ramón: Suso Cereijo (do Picallo) .
Nai de Don Ramón, Espantallo 1: Loli Pazos (do Ledo) .
Pai de Don Ramón, Demo, Espantallo 2: Juan C. López (do Marinero) .
Señor Fuco, Home 1, Voz Rapaz: David Pita .
Boticario, Portugués, Sapo: Juan Carlos Díaz (de Otero).
Micaela, Porca: Paula Cabanas.
Muller 1: Chelo López.
Muller 2: Maribel Castrillón (de Castrillón).
Muller 3: María López (da Caracha)
Home 2: Julián Taboada

Escenografía e Atrezzo 
Sociedade Cultural Columba

Tamborileiro
Miguel da Salgueira
 
Tamborileiro e Atrezzo
Sociedade Cultural Columba

Máscaras, maquillaxe
Helga Méndez

Luz e Son
Helga Méndez

Producción
Sociedade Cultural Columba

Dirección
Helga Méndez