Para que Covas volva a ser Cobas
19/09/2025
A Sociendade Cultural Columba promove unha iniciativa veciñal para cambiar no nomenclator de Galicia os topónimos de Cobas e Cobarradeiras.
Neste marco, o apoio dos veciños, das entidades e negocios locais resulta fundamental para acreditar o uso real e consolidado das formas Cobas e Cobarradeiras.
Nun primeiro paso, a nivel popular lanzouse unha recollida de firmas co apoio e a colaboración dos establecementos da parroquia, farmacia,local social da A.VV. tendas, bares e cafeterías.
A nosa parroquia hoxe coñecida oficialmente como Covas conta con amplas evidencias históricas, lingüísticas e sociais que amosan que a grafía Cobas e Cobarradeiras son as formas máis acorde coa tradición, coa documentación histórica.
- Congruencia histórica dunha grafía presente en documentos notariais, cartografía antiga, partidas sacramentais e prensa histórica e outra documentación.
- Fortalecemento da identidade local, consolidando o uso social que veciños, negocios e entidades manteñen de forma habitual.
- Criterio de congruencia normativa: cando existen dúbidas etimolóxicas ou variacións gráficas históricas, débese favorecer a forma que mellor represente a tradición viva e que contribúa á normalización lingüística.
- Claridade administrativa e turística, evitando incoherencias entre a grafía oficial e a usada socialmente.
Nos Criterios da Comisión de Toponimia de Galicia contemplase o Principio de tradición toponímica local: nas decisións oficiais pode prevalecer a forma histórica e de uso comunitario, aínda que non coincida co substantivo común estándar (p.ex., variantes vocálicas/consonánticas estabilizadas). Esta liña é seguida polo Nomenclátor e pola Comisión de Toponimia.
Estes fundamentos legais e técnicos, deixan claro que a proposta de Cobas pode basearse precisamente nese principio
O presente plan combina fundamentación filolóxica, base normativa e execución administrativa e social para conseguir unha decisión informada e sostible. A recuperación de Cobas fortalecerá a identidade local, ordenará a administración e proxectará un relato patrimonial coherente co sentir da comunidade. Esta proposta non busca impoñer unha forma nova senon recoñecer e oficializar aquela que a comunidade xa ven utilizando de fora común e maioritaria.