Subvención da Deputación da Coruña - Melloras na páxina web
10/10/2022
Neste ano en curso, destinamos a subvención concedida pola Deputación de A Coruña á mellora da páxina web da asociación, centrada nos seguintes puntos:
- Creación dunha hemeroteca para almacenamento e presentación de novas da nosa parroquia.
- Cambios no software do sitio web para dispoñer dunha mellor presentación de documentos .pdf e imaxes en xeral.
- Mellora na indexación en Google para aumentar así a accesibilidade ós contidos da web.
Esperamos que vos sexa de utilidade aos que consultedes os contidos na nosa páxina.
