Xornada sobre revistas locais organizada polo Ateneo de Ferrol
20/05/2015
O día 20.05.2015, a Sociedade Cultural Columba paraticipará nunha xornada sobre revistas locais organizada polo Ateneo de Ferrol, na que se presentarán tres revistas locais da zona,como son "Columba", "Terras de Ortegal" e "Hume" e un debate sobre a utilidade deste tipo de publicacións
Os días 25 de febreiro, e 2 e 5 de marzo o Ateneo Ferrolán acolleu a presentación de tres revistas locais e especializadas: “Murguía: Revista Galega de Historia”, “Revista de Neda” e “Cátedra: Revista Eumesa de Estudos”.
Con motivo daquel ciclo comentábamos que nun mundo complexo e interrelacionado, que tende a uniformidade, a edicion de revistas locais e especializadas e unha garantia da recuperacion do noso pasado, do mantemento das diversas culturas e a preservacion da diversidade cultural. Por ese motivo, o Ateneo Ferrolán está comprometido co apoio e a difusión destas iniciativas.
Na mesma liña de traballo e como continuación a aquel ciclo, o Ateneo organiza a presentación doutras tres revistas locais, como son “Terras do Ortegal”, “Hume” e “Columba” o vindeiro día 20 de maio de 2015, e a un coloquio no que se falará destas tres interesantes iniciativas. Participarán no coloquio tres persoas implicadas na edición destas revistas: Xosé María Torres (“Terras de Ortegal”), Antonio Castro (“Hume”) e José López Hermida (“Columba”).